# Hashtag

Cándido Casal, Juvenil de Ponteareas: «Teño ofertas pero a miña intención inicial é seguir aquí»

O Juvenil de Ponteareas culminou unha tempada para o recordo co ascenso a Preferente tras superar con éxito unha esixente fase de ascenso. Un dos grandes protagonistas foi Cándido Casal, autor de seis goles no play-off (cinco deles na final ante o Monterroso) e máximo referente ofensivo dun equipo que soubo levantarse do duro golpe […]

Gorka Davila, Juvenil de Ponteareas: «Sabemos que imos sufrir en Arteixo e que non hai nada decidido»

O Juvenil de Ponteareas deu o primeiro paso cara á final da fase de ascenso tras superar por 2-0 ao Sporting Meicende nun encontro máis sufrido do que reflicte o marcador. O conxunto ponteareán chega con vantaxe á volta en Arteixo, aínda que no vestiario teñen claro que a eliminatoria está lonxe de estar decidida. […]

Nin a chuvia nin a ponte paran aos Diferenciais (P. II)

A xente chegou ao primeiro fin de semana de maio con gañas de aproveitar a ponte, pero a chuvia botouno todo a perder. Moitas mini-vacacións foron canceladas, aínda que non hai mal que por ben non veña! Os afeccionados máis fieis tiveron a súa dose do deporte rei, tanto nas categorías máis profesionais como no […]

O temporal deixa auga e grandes actuacións dos Diferenciais (Parte 2)

Ao igual que sucedeu cos grupos do norte, a Primeira Futgal tamén sufriu o acoso do mal tempo nos do sur. Iso si, a chuvia non impediu que os afeccionados dos equipos, os seus familiares, membros da directiva do clube e, por suposto, xogadores, celebraran ao grande conseguir os tres puntos. Tras o ronsel do […]

Non hai quen lle poña freo aos Diferenciais da Primeira Futgal (Parte 2)

O domingo houbo varios partidos destacados alén dos xa mencionados. E é que a xornada non se reduce unicamente ao que pasa no norte, pois a Primeira Futgal dá espectáculo sen importar o grupo do que se fale. Velaí vai unha nova quenda dos Diferenciais da categoría. Na provincia ourensá foron varios os equipos que […]