# Hashtag

Rafael Florin, Cedeira SD: «Se podo axudar a que o club medre, doume por satisfeito»

O Cedeira SD asinou unha das goleadas da xornada no grupo 1 da Primeira Futgal cun contundente 1-5 no campo do Orillamar. O conxunto cedeirés, que encabeza a clasificación, atravesa un gran momento de forma, no que tamén destaca Rafael Florin, autor de dous tantos no último encontro e que xa está a contribuír co […]

Lucky, Atlético Combarro: «Hai que ser humildes, ter os pés na terra e ir pouco a pouco»

O Atlético Combarro está a converterse nunha das sensacións do inicio de Primeira Futgal. O conxunto pontevedrés, recentemente ascendido, suma dez puntos nas catro primeiras xornadas e vén de asaltar o campo do CD Unión cun contundente 0-3. Un arranque no que tamén está a destacar Diego Fraga ‘Lucky’, autor de seis goles nos catro […]

Luciano Urán, Monterrei CF: «O obxectivo é ir partido a partido, pero queremos gañar a Copa e ascender»

Luciano Urán foi o gran protagonista da goleada do Monterrei ante o Maside. O dianteiro uruguaio asinou os catro goles do conxunto ourensán no 4-0 e xa suma cinco tantos nas tres primeiras xornadas de Primeira Futgal, converténdose nunha das referencias ofensivas do equipo neste inicio de competición. A súa chegada a Galicia supuxo unha […]

David Gegunde, Racing Vilalbés B: «Aínda teño moito que aprender e moitas cousas que vivir aquí»

O Racing Vilalbés B reaccionou con contundencia á derrota da primeira xornada cunha goleada por 4-0 ante o Taboada. David Gegunde foi un dos protagonistas do encontro ao asinar un dobrete que permitiu ao filial sumar os seus primeiros puntos do curso e recuperar confianza. O centrocampista, que compaxina o filial co primeiro equipo e […]

Koukilouty Diatta, Vizoño SD: «Por que non pelexar polo ascenso?»

O Vizoño SD non puido ter un mellor inicio de tempada. O conxunto de Abegondo chegou ao minuto 79 perdendo por 0-1 ante o Racing San Lorenzo, pero protagonizou unha remontada espectacular para acabar impoñéndose por 5-1. O gran protagonista foi Koukilouty Diatta, que entrou no descanso e asinou os catro goles do equipo na […]

Volve o fútbol oficial coa mirada posta no novo curso

A fin de semana marca o regreso das competicións oficiais da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), que este sábado e domingo dará o pistoletazo de saída a unha nova tempada. Tras varias semanas de pretemporada, os equipos galegos afrontan xa os primeiros partidos nos que os puntos estarán en xogo. A actividade comezará coa […]