# Hashtag

Os Vintage: Rubén Rodríguez Durán

En FutbolinGalicia non nos esquecemos de tódolos xogadores, técnicos ou siareiros que pasaron hai anos polas nosas categorías sénior. Eles tamén forman parte do noso fútbol. Sen a súa gran contribución non poderiamos gozar na actualidade dunha gran saúde en categorías tan especiais coma a Preferente Futgal ou a Primeira Futgal. «Os Vintage» é a súa sección. A de todos aqueles que aportaron un gran de area para que o fútbol galego sexa, sen dúbida, do mellorciño do fútbol estatal. Nesta cuarta entrega falamos con Rubén Rodríguez Durán, que xogou para equipos como o Lugo, o CD Ourense, o Rápido de Bouzas ou a UD Ourense, entre outros conxuntos galegos. Fóra da nosa comunidade tivo experiencias no Real Racing Club, Zamora ou Marbella, entre outros.

FutbolinGalicia (en adiante FIG): De que equipos formaches parte como xogador?

Rubén Rodríguez Durán (en adiante RRD): «Rápido de Bouzas, CD Ourense, Zamora, Lugo, Real Unión, Logroñés, Lugo de novo, Racing de Santander, Marbella, UD Ourense e Barbadás.»



FIG: Como foron os teus inicios neste deporte?

RRD: «Sendo un neno de 6-7 anos. O fútbol é un deporte que sempre me gustou. Recordo o comezo no Sárdoma, un equipo da zona de Vigo onde vivía.»

«O Celta non tiña categorías inferiores mais formei parte da selección que facía para xogar torneos por España adiante.»



«Tamén xoguei en case todas as categorías da selección de Vigo e nalgunha da selección galega. Todo con moita ilusión de poder vivir deste deporte e chegar ao fútbol profesional e por sorte puiden logralo.»

FIG: Tras varios anos en Segunda División (Real Unión, Lugo e Real Racing), cales son as principais diferenzas entre o fútbol profesional e o semi- profesional?

RRD: «Son moitas. Cando chegas ao futbol profesional daste conta de que é outro mundo a nivel de campos, organización, elaboración de tareas, etc. Todo está moito máis controlado, tanto a nivel de descanso coma de estar ben preparado.»



«Está claro que hai persoas máis profesionais e específicas que se fan cargo de determinadas situacións. Por desgraza hai moita diferenza entre ambos os dous.»

FIG: No 2016 chegaches á UD Ourense. En dous anos conseguistes dous ascensos consecutivos. Que recordos gardas desta etapa?

RRD: «Teño bos recordos. Tiña folgos de voltar a casa. Presentáronme un proxecto ambioso cunhas características bastante boas e decidín ir para alí.»

«Creo que eramos os favoritos en tódolos campos e tiñamos o mellor equipo con diferenza para esas categorías. Mais había que demostralo no céspede e máis en campos complicados.»

«Viuse especialmente nos primeiros anos que esa categoría non era acorde ao equipo que había. Fóronse logrando os ascensos ata chegar a Terceira División. É aí onde considero que o nivel xa está máis parello e hai que reforzar determinados postos e ter sorte para continuar escalando categorías.»



FIG: Que significa para un ourensán ter xogado no CD Ourense e máis na UD Ourense?

RRD: «Creo que non volverá nunca o que era o CD Ourense. Era o equipo da cidade, de tódolos ourensáns.»

«Agora por desgraza non existe. Está a UD Ourense, o Ourense CF e o Arenteiro, que tamén está tendo bos anos. A situación máis repartida.»

«Está claro que por masa social a UD Ourense ten moitos máis socios pero creo que non chega ao que foi o CD Ourense, que se bota de menos.»

«Foi unha bágoa a deuda que levou á desaparición. Poderiamos ter un equipo de Ourense no fútbol profesional, que sería enganchar de novo á xente. A cidade o merece.»

FIG: O teu último club foi o Barbadás. Como chegas a el e como vives esta curta experiencia?

RRD: «Firmo en Barbadás por estar Agustín, por facer o club un esforzo e porque a UD Ourense decidiu non contar conmigo.»

«Desta maneira continuei xogando e axudando a equipos da cidade. Por desgraza tiven unha lesión importante que me tivo varios meses parado e non puiden facer o ano que me gustaría.»

«Por sorte os últimos meses acabei xogando, fomos capaces de gañar a Copa Diputación e case nos metemos no ascenso. Moi contento cos compañeiros que tiven ese ano e deséxolle o mellor ao club.»

FIG: Aprecias algunha diferenza significativa entre o fútbol de hai uns 15-20 anos e o de agora, xa sexa en canto a nivel, profesionalización ou compromiso?

RRD: «Antes deixábase xogar moito máis que agora e os equipos non eran tan profesionais á hora de mirar aspectos coma a distancia recorrida, por onde ataca máis un equipo, as probabilidades no balón parado, etc. Antes era saír ao campo e disfrutar e agora a cousa tira hacia aspectos tecnolóxicos que o xogador non pode controlar.»

«Á vista está que a tecnoloxía tamén ten erros e a crítica sempre existirá. Eu son máis partidario do fútbol de antes, de que o árbitro decida.»

FIG: Tras varias experiencias fóra de Galicia, gozaches máis no fútbol galego ou naa etapas lonxe do mesmo?

RRD: «Por sorte tiven a opción de xogar no fútbol profesional e Galicia e fóra dela e como xogador está claro que gusta máis xogar preto de onde eres.»

«Mais fóra de Galicia, o Racing de Santander ten unha gran afección que sempre chea o campo. Conseguín un ascenso con eles de Segunda B a Segunda. Un equipo que levaba meses sen cobrar foi capaz de chegar a cuartos de Copa do Rei, eliminando ao Leganés, que estaba en Segunda, ao Almería e ao Sevilla, ambos en Primeira, a doble partido. Son situacións que marcan.»

«Tamén puiden xogar no Lugo en Segunda División B e en Segunda. Fun adestrado por Quique Setién, que ten unha filosofía futbolística que me viña moi ben.»

«Estou moi agradecido a tódolos equipos que confiaran en min, xa sexa en Galicia ou fóra da comunidade.»

FIG: Algunha anécdota ou etapa que destaques especialmente?

RRD: «O ascenso co Racing estando na situación na que estabamos. Os ascensos coa UD Ourense tamén son bos recordos, que saben ben.»

«Tamén hai momentos non tan bos coma o descenso coa UD Ourense de Terceira a Preferente ou o descenso co Racing de Santander de Segunda a Segunda B. Todo deportista pasa por bos e malos momentos e destes últimos apréndese.»

«Gocei moito e foi un pracer todos os anos que xoguei. Teño a espiña de non ter xogado en Primeira División mais conseguín xogar contra algún equipo desa categoría en Copa do Rei e eliminalos.»

«Pisei grandes estadios, xoguei contra futbolistas que agora están en Primeira División coma Simeone ou Griezmann. Son situacións que quedan aí para contar.»

«Estou moi orgulloso de que xogadores que via pola televisión coma Munitis, Colsa, Álvaro Cervera ou Quique Setién fosen adestradores meus en diferentes equipos polo que pasei durante a miña carreira. Ter aprendido cousas deles e ter amizade con algún deles queda sempre aí.»

Foto portada: José Paz

Os Vintage: Rubén Rodríguez Durán

O terceiro tempo. Episodio 21

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *