# Hashtag

Sempre nos quedarán os Diferenciais

Nestes días de chuvia e vento houbo quen quedou na casa a ver unha serie ou unha película no canto de ir aos campos de fútbol. Non os culpamos, vai un tempo de cans, pero perderon a oportunidade de gozar dunha xornada espectacular na Primeira Futgal. Porque nunha categoría tan esixente como esta, o guion […]

Castañas e Diferenciais

Xa se albisca o once de novembro e arrecende a castaña polas aldeas, vilas e cidades galegas. De feito, algún magosto chegou con algo de anticipo e xa se celebrou nesta fin de semana. Pero as enchentas non lle quitaron protagonismo ao fútbol. A Primeira Futgal non se viu interrompida e amenizou a tarde daqueles […]

Os Diferenciais marcan o ritmo

Renderse non é unha opción e moito menos cando hai tanto en xogo. Os inicios de temporada poden ser traizoeiros, pois asinar un bo comezo non che asegura nada de cara a finalizar nos primeiros postos da táboa clasificatoria. E ao mesmo tempo, relaxarte pode significar botar por terra as túas aspiracións nas cinco primeiras […]

De entrante, unha de Diferenciais!

A cociña da Primeira Futgal bota fume e non é para menos. Aquí só se serven pratos coa intención de deleitar o padar dos seareiros máis incondicionais do fútbol galego. Eses que botan a mañá ou a tarde do domingo agardando por un bo menú, mentres toman o vermú no caso da sesión matinal, ou […]