Estes cinco equipos xa confirmaron o seu descenso a Segunda Futgal
As Pontes, Esteirana, Antela B, Melias e Goián xa baixaron
As Pontes, Esteirana, Antela B, Melias e Goián xa baixaron
A Primeira Futgal estase a converter nun coliseo romano nestas últimas datas, pois a meirande parte dos equipos seguen con esperanzas de lograr os seus obxectivos. Agás o Chantada, os líderes de cada un dos grupos deberán rillar o campo se queren o título, igual que lles sucede aos pechacancelas da competición cuxas balas se […]
Tic, tac, tic, tac… O reloxo da Primeira Futgal non deixa de resoar e os equipos, conscientes de estar ante a última oportunidade para conseguir os seus obxectivos, procuran dalo todo en cada partido. Quedan poucas balas e estragalas nunha fin de semana pode resultar fatal, ben sexa na loita polo ascenso ou pola permanencia. […]
Coa chegada da primavera, os campos da Primeira Futgal xa visten as súas mellores galas. Quedan só dous meses para o remate da competición e comezan a sentirse os nervios, tanto nos equipos como nas súas respectivas afeccións. E así como as bolboretas navegan polo bandullo dalgún que outro xogador ou seareiro, tamén comezan a […]
Din que “Ata o 40 de maio, cómpre non quitar o saio”, mais o sol xa comezou a asomarse polos campos da Primeira Futgal. E con el, chega tamén o treito decisivo da temporada, esas xornadas onde se decide todo para ben ou para mal. Os seareiros xa están dispostos a animar e os equipos, […]
Se o desenlace na zona norte promete emoción e espectáculo, no sur non pode ser doutro xeito. Cada partido convértese nun campo de batalla onde ningún dos dous contrincantes está disposto a renunciar aos tres puntos. Para ese fin contan coa axuda dos seus xogadores máis Diferenciais, toda unha sensación de futbolistas que marabillan ao […]
Xa van vinte xornadas da Primeira Futgal. Vinte fins de semana nos que os seareiros máis fieis do fútbol rexional acudiron aos campos galegos para apoiar aos seus respectivos equipos. Facendo balance do tempo transcorrido, un pode decatarse de que a emoción e os goles sempre estiveron presentes nesta categoría, grazas en parte ás actuacións […]
Agás na provincia de Ourense, a borrasca Ingrid tampouco puido paralizar a xornada nunha zona sur onde se puideron disputar a gran maioría de encontros. O temporal deixou, iso si, un bo número de sorpresas, como os tropezos dos favoritos ou algunhas vitorias que, cando menos, non entraban dentro do previsto. Ledicias futbolísticas aderezadas coma […]
Ao sur da comunidade tamén se iniciou unha segunda volta que promete emocións, sorpresas e, sobre todo, moito fútbol. Pelexas polo ascenso, batallas por conseguir unha praza nos play-off ou evitar o descenso serán algunhas das disputas que terán lugar desde agora ata o final da temporada. Polo momento, os seareiros xa están a desfrutar […]
O regreso da Primeira Futgal coincidiu co paso polo Ecuador na categoría. Pero, a pesar de chegar a este avanzado punto, aínda quedan moitas frontes por resolver nos diferentes grupos, onde os equipos continúan a loitar para acadar as súas metas. Apoiados nos seus xogadores máis Diferenciais, inician agora este segundo treito da máxima competición […]