# Hashtag

O Sigüeiro en busca da décima xornada seguida sen perder

O Sigüeiro non perde dende o 10 de novembro, día no que caeron no seu feudo ante o Sofán por 0-1. Nos seguintes nove partidos lograron seis vitorias e tres empates. Esta boa xeira tenos situados na segunda posición da táboa clasificatoria do grupo I da Preferente Futgal.

Mañá domingo medirase ante o Atlético Coruña Montañeros. A décima xornada consecutiva sen coñecer a derrota pasa por sacar algo positivo diante do líder. No partido da primeira volta, disputado no Lino-Balado, saíu triunfador o Montañeros por 1 a 3.

Seis vitorias e tres empates do Sigüeiro dende o 10 de novembro

Miño, O Val, Negreira, Atlético Escairón, Lemos e Arzúa non foron capaces de sumar diante dos do Lino-Balado. Por outra banda, Cidade de Ribeira, San Tirso e Pol lograron obter un punto nos seus encontros ante o Sigüeiro.



Cabe recordar que o partido da xornada 19 entre Órdenes e Sigüeiro non se puido xogar por mor do temporal. A data fixada pola federación para recuperar este encontro adiado é o 17 de abril.

Cristian Liñares é un xogador fundamental no Sigüeiro

Contar co máximo goleador do grupo é un plus de cara a seguir mantendo a boa xeira de resultados e, tamén, para continuar con moitas opcións de acadar o ascenso de categoría. Ata 17 goles, nos 18 partidos dos que formou parte, leva anotados Cristian Liñares no que vai de competición.

FOTO PORTADA: INSTAGRAM SIGÜEIRO



O Sigüeiro en busca da décima xornada seguida sen perder

Dani Rosas, Gran Peña: «É unha honra

O Sigüeiro en busca da décima xornada seguida sen perder

O terceiro tempo. Episodio 19

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *