Hugo Villaverde chega ao Arosa, club no que xa militou en etapa base, procedente do Deportivo e a través dunha cesión. Buscará axudar aos da Lomba a ascender a Segunda RFEF e recuperar sensacións, minutos e confianza de cara a súa volta a disciplina deportivista a final de campaña.
FutbolinGalicia (en diante FIG): Como se fraguou o teu regreso ao Arosa nestes últimos días de xaneiro?
Hugo Villaverde Varela (en adiante HVV): «Este movemento deuse especialmente na búsqueda de minutos e de recuperar a confianza e o ritmo que non estaba a ter estes últimos meses. Falamos con ambos clubes e resultou un movemento favorable para tódalas partes.”
FIG: Como describirías a túa etapa no Deportivo, tanto nos xuvenís coma no Fabril?
HVV: «Sen dúbida foi unha etapa moi positiva, na que gocei do fútbol e aprendín moitos cousas e conceptos que me fixeron mellorar tanto a nivel profesional como a nivel persoal.»
«Estou moi agradecido polo trato que recibín durante estes anos no club e xa teño moitos folgos de regresar o ano que vén ao mellor nivel posible.”

FIG: Esta volta ao Arosa é permanente ou unha cesión dende o Deportivo?
HVV: «Trátase dunna cesión ata o final desta tempada.”

FIG: Como te defines coma xogador?

HVV: «Podería definirme coma un xogador con gran capacidade para asociarse e aparecer entre liñas, ameazando a portaría rival, con bo último pase e chegada ao área.”
FIG: Que significa o Arosa para Hugo Villaverde?
HVV: «O Arosa é un club moi especial para min xa que coidaron moi ben de min os 3 anos que estiven alí, dándome as facilidades e a confianza para mellorar como futbolista.»
«Agora volvín e teño gañas de aportar o máximo ao equipo e axudar a lograr o ansiado ascenso a Segunda RFEF.”
Foto de portada: Instagram Arosa
