# Hashtag

Sempre nos quedarán os Diferenciais

Nestes días de chuvia e vento houbo quen quedou na casa a ver unha serie ou unha película no canto de ir aos campos de fútbol. Non os culpamos, vai un tempo de cans, pero perderon a oportunidade de gozar dunha xornada espectacular na Primeira Futgal. Porque nunha categoría tan esixente como esta, o guion […]

Que medo dan os Diferenciais!

O Samaín tamén se fixo sentir nos campos de fútbol do país, onde se puido desfrutar de exhibicións arrepiantes por parte dos diferentes conxuntos! Porque o terror e a pelota tamén van da man. Non tremen os grandes dianteiros cando se enfrontan a un porteiro coñecido por deter lanzamentos de penaltis? E isto tamén pasa […]

Os Diferenciais superan o ecuador da primeira volta

Aló foi o primeiro cuarto da tempada! Hai nada estaban a comezar as competicións e agora xa nos atopamos no ecuador da primeira volta. Atrás quedan os dous meses iniciais, onde os diferentes equipos tiveron tempo de demostrar do que son capaces. Pero ollo, non está todo dito e pode haber moitas sorpresas ata o […]

Nin o frío fai tremer aos Diferenciais

Pasan os meses e cada vez fai máis frío nos campos de fútbol galegos. É normal. Atrás queda o verán, os partidos de pretemporada a máis de trinta graos e os primeiros tests serios do ano. A baixada das temperaturas nesta fin de semana foi unha evidencia, mais isto non repercutiu no xogo dos futbolistas. […]

Os Diferenciais despiden o verán con goles

Rematou o verán, si, pero os afeccionados ao fútbol estamos de sorte porque xa volveu a Primeira Futgal. A competición raíña do fútbol rexional regresou por todo o alto e estanos a agasallar con auténticas exhibicións en cada xornada. Xa é a hora de trocar o chiringuito e pasar a encher os estadios dos nosos […]

Volven os Diferenciais da Primeira Futgal!

Botástelos de menos? Pois estades de sorte, porque xa non tedes que agardar máis! Afeccionados ao fútbol rexional galego, volveu a Primeira Futgal e con ela volveron os goles e a emoción! Transcorrido o primeiro asalto, é hora de debullar o que deixou a xornada, con especial atención ás exhibicións dos Diferenciais. Xa sabedes, eses […]

Os Difeferenciais tamén brillan nas copas

Botabades de menos a sección? Non hai problema, porque os Diferenciais están de volta en FutbolinGalicia. Rematada a Primeira Futgal, os afeccionados ao fútbol rexional encamiñamos a nosa ollada cara ás Copas que se están a disputar por todo o ancho do país. Moitas delas puxeron o seu punto e final nesta pasada fin de […]

Os Diferenciais tamén deciden as copas

Unha noite de copas é unha noite tola, segundo din as cantantes de Nueva Línea. Pero na orquestra canaria descoñecen que aquí en Galicia tivemos toda unha Semana Santa ateigada de partidos doutras copas. Así é. Os afeccionados ao fútbol rexional esquecéronse do parón na Primeira Futgal e puideron contentarse cunha nova rolda dos diferentes […]