# Hashtag

A Milagrosa asume o reto: a por unha tempada de 6.000 quilómetros

O que hai só uns días semellaba un imposible ocorrerá finalmente. A SDC Milagrosa de Lugo competirá no grupo 6 da Primeira Futgal, ante rivais da zona de Vigo e o Baixo Miño e mais o Arenteiro ‘B’. O cadro lucense, que cargou duramente contra a Federación nas últimas datas, aceptou a praza que deixou vacante o Ribadavia Atlético. Solicitaron xogar nun grupo de 19, ante os equipos de Lugo, que estaban polo labor, pero a proposta foi rexeitada axiña pola RFGF.

Así pois, a Milagrosa afronta unha tempada moi viaxeira. Percorrerán preto de 6.000 quilómetros, con gran cantidade de viaxes ao sur da provincia de Pontevedra. Con todo, no vestiario afrontan a situación «cunha motivación extra» e vena como «unha oportunidade de demostrar a nosa fortaleza como equipo e familia, e de xogar contra equipos e xogadores contra os que non nos medimos antes en ningunha ocasión», di Joel Vasco, capital do conxunto de Frigsa.

«Amólanos o feito de ter que percorrer 400 quilómetros cada 15 días, pero os integrantes deste club caracterízanse por ter un gran compromiso. Por iso, asumimos inmediatamente a resolución da RFGF como unha oportunidade de gozar novamente desta gran categoría. Faremos un esforzo colectivo para que a distancia das longas viaxes queden nun segundo plano», sinala Joel.



Últimas fichaxes da Preferente Norte

Tanto na Milagrosa como no mundo do fútbol, eran poucos os que apostaban que podía chegar a producirse esta situación. De feito, a propia Federación xa publicara unha listaxe dos clubs aos que lle ofrecerían a praza do Ribadavia se era rexeitada polos lugueses. Os conxuntos pontevedreses mellor posicionados eran o Rodeiro, que dixo que non aceptaría, e o Xuventude Sanxenxo, que si amosou interese.

«Sorprendeunos moitísimo e nun principio parecíanos totalmente inviable o feito de estar encadrados nun grupo con moitos partidos a tantos quilómetros de distancia», recoñece o capitán do primeiro equipo da Milagrosa. Di que se viron nun canellón sen saída, pero que agora ese sentimento deu pasou á ilusión e motivación da nova tempada, que arranca a vindeira fin de semana na Primeira Futgal.

A Milagrosa loitará pola permanencia

A nivel deportivo, a Milagrosa buscará superar a tempada. O grande obxectivo do club de Frigsa será acadar a salvación, e saben que a vindeira tempada poderán medirse a rivais máis próximos na xeografía. Joel Vasco pensa que a Primeira «é a categoría mínima que nos corresponde pola historia do club», polo que tentarán afianzarse nela.



Os seus rivais serán o Arenteiro ‘B’, da provincia de Ourense, e 16 equipos pontevedreses. Son o Domiao, Santa Mariña, Alertanavia, Racing Castrelos, Mos, Vila do Corpus, Val Miñor, Erizana, Gondomar, Chaín, Tyde, Progresista, Tomiño, Caldelas, Goián e Guardés. FutbolinGalicia ofrecerá nos vindeiros días unha análise sobre este grupo 6, que se sumará aos xa publicados e que se poden consultar aquí.


Joel Vasco asegura que para eles é «unha incógnita» o nivel que atoparán nos seus rivais. Sobre as posibles diferencias co grupo lucense, o capitán da Milagrosa advirte que en Lugo hai «un nivel alto, con equipos dun potencial tan grande como este ano foron Pol, Escairón, Chantada, Chantada Atlético e Burela, por exemplo».

«Pódese dicir a posteriori que se quedamos abaixo é que hai máis nivel e se quedamos por media táboa ou arriba é que hai menos. Non se debería de ver así, no fútbol hai multitude de factores que condicionan e nós ou os nosos rivais non saberemos como imos render polo tema viaxes», indica.



A Milagrosa asume o reto: a por unha tempada de 6.000 quilómetros

Máxima igualdade no grupo 4 da Primeira

A Milagrosa asume o reto: a por unha tempada de 6.000 quilómetros

Jairo Campo, SD Burela: «A realidade da

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *