# Hashtag
#Primeira Galicia

O Ribadavia segue os pasos do Arrabaldo e renuncia á Primeira Futgal

O Ribadavia Atlético non inscribirá o seu equipo sénior tras renunciar a competir na Primeira Futgal. O cadro do Xestal comunicou a súa intención de non saír nesta categoría ao coñecer que terían que medirse a equipos da zona sur da provincia de Pontevedra, co incremento de distancias nos desprazamentos que iso supón.

Deste xeito, seguirán os pasos do Arrabaldo, o outro ourensán que quedara encadrado nese grupo e que tamén renuncia á Primeira Futgal, como adiantamos esta semana. Con todo, son dous casos diferentes e que explicamos a continuación.

Tras a votación dos clubs para repartir os seis grupos, ambos os dous conxuntos coñeceron que serían os dous únicos equipos ourensáns que non competirían no mesmo grupo que o resto da provincia. Terían que viaxar ata destinos como A Guarda, Baiona ou Tomiño, entre outros. No Arrabaldo foron semanas complicadas que remataron cun cambio de directiva e de cadro de xogadores. Con todo, o novo proxecto xa está en marcha.



No caso do Ribadavia Atlético, as dúbidas continuaron máis tempo. Este martes, na xuntanza entre os clubs e a Federación, aínda non tiñan a decisión tomada, pero asistentes á cita aseguraron a FutbolinGalicia que se podía intuir a renuncia a saír nesta nova Primeira Futgal. O ambiente desta reunión foi por momentos tenso.

Finalmente, dende o club do Xestal decidiron que o seu primeiro equipo non saia a competir no novo modelo da Primeira Futgal. De feito, non contarán con equipo sénior na tempada 2024/25.

Que pasa agora co Ribadavia Atlético?

O Arrabaldo é un equipo acabado de ascender. Iso permítelles renunciar ao ascenso e competir en Segunda Futgal como a pasada tempada. Daquela, o Regulamento Xeral establece que o dereito a participar nesta competición «corresponderá ao inmediatamente seguinte mellor clasificado na competición ou, no seu caso, fase, que con el competise».



Polo tanto, esta situación abre a porta ao ascenso do CD Arenteiro B. O filial dos verdes rematara segundo, empatado a puntos co Arrabaldo. No play-off de ascenso caeron ante o Muíños e quedaron sen opcións de acadar o salto de categoría. Dende a directiva do club do Carballiño indicaron na xuntanza coa Federación que o analizarían cando lles chegase por escrito.

Con todo, o caso do Ribadavia Atlético é ben diferente. A pasada tempada xa competiron na Primeira Galicia. Por iso, non sería unha renuncia ao ascenso como o Arrabaldo, senón unha renuncia a participar na categoría. Iso implicaría que os do Xestal descenderían directamente á categoría máis baixa, a Terceira Futgal, un chanzo que non pisan dende o curso 2014/2015.

Con todo, a directiva precisou que a maioría de xogadores abandonaron a entidade ao coñecer isto, polo que o Ribadavia renuncia directamente a sacar equipo sénior e quedará só coas categorías inferiores.



A pregunta agora é: quen ocupará a praza do Ribadavia Atlético? É un asunto que na reunión entre os clubs e a Federación non quedou resolto e que tería que aclarar o comité de competición. A priori, hai dúas posibilidades: que sexa a Milagrosa lucense, por ser o descendido a Segunda Futgal con mellor coeficiente, ou que ascenda un equipo da provincia de Ourense.

Máis novidades no fútbol ourensán

Na vindeira tempada, a Segunda Futgal na provincia de Ourense constará dun único grupo, e non dous, como na 23/24. Participan 18 equipos nunha liga a dobre volta. Tras a disputa de 34 xornadas, o primeiro e o segundo ascenden a Primeira Futgal, mentres que o terceiro e o cuarto xogarán promoción cruzada con equipos de Vigo e Pontevedra.

A Terceira Futgal, pola súa banda, contará con dous grupos en Ourense. Na xuntanza presentaron un grupo con 13 equipos e outro con 14. Con respecto á tempada pasada, desaparece o Vilardevós. Mentres, nacen dous filiais, os do Ourense CF e mais o do CD Barco. O fútbol ourensán tamén está pendente do posible regreso do Os Chaos.

Ascenderá a Segunda Futgal o campión de cada grupo, e o segundo e o terceiro xogarán unha fase de ascenso ante equipos do outro grupo. A final será a doble volta e de aí sairá o terceiro ascendido.



O Ribadavia segue os pasos do Arrabaldo e renuncia á Primeira Futgal

Diario dun mercado Primeira Galicia Feminina. Episodio

O Ribadavia segue os pasos do Arrabaldo e renuncia á Primeira Futgal

Os 36 equipos da Preferente Futgal xa

3 Comentarios

  1. […] O Ribadavia segue os pasos do Arrabaldo e […]

  2. […] O Ribadavia segue os pasos do Arrabaldo e […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *