A expresión «GOAT» (acrónimo de Greatest Of All Time, é dicir, «o mellor de todos os tempos») transcendeu o seu significado literal en inglés —cabra— para converterse nunha forma de recoñecer a aquelas persoas que destacan pola súa excelencia, talento ou influencia.
Lonxe de limitarse ao ámbito deportivo, o termo estendeuse á música, ao cine e á cultura popular, ata consolidarse como unha expresión habitual na linguaxe. Pero se hai unha verdadeira GOAT, unha auténtica no fútbol galego, esa é Cabra, convertida xa na carismática mascota do Muíños, do grupo 4 da Primeira Futgal.
«É o espectáculo da vila!«, aseguran neste concello ourensán. E o caso é que Cabra é todo un talismán para o equipo local. Desde que vai ao campo, todo victorias e un empate, na última xornada, nun partido que rematou 5-5.

«Creo que pensa que é un canciño«, di Roberto, dono de Cabra. Nos micrófonos da Radio Galega, sinalou que desfruta moito cos animais e que a súa mascota lle achega moito. Deulla un veciño e colleulle cariño ao momento.
Agora, pasea con ela pola vila. Cabra non precisa nin correa, vai pegadiña a Roberto. Interactúa cos veciños pola rúa, no bar e, por suposto, no campo de fútbol.
Podes ver os vídeos de Cabra AQUÍ.
























































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































