# Hashtag

Os Vintage: SCD Milagrosa 2014/2015

En FutbolinGalicia non nos esquecemos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros, equipos e demais persoas relacionadas co noso fútbol que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sea do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega dos Vintage é a SCD Milagrosa da tempada 2018/2019, que logrou o ascenso a Preferente.

Os «culpables» do último ascenso da SCD Milagrosa a Preferente

Os seguintes xogadores tiveron minutos durante a fase regular do grupo 3 da Primeira Autonómica: os gardametas Tomás Fernández e Rodrigo Varela; os defensas Alejandro López, Rubén Álvarez, David Teijeiro, Iago Fariñas, Iván López, Javi Darriba, Manu Ascariz, Manu Vila, Martín Rodríguez e Miguel Rodríguez; os centrocampistas Adrián Fernández, Bruno Castro, Elías Martínez, Luis Díaz, Luis Carreira, Miguel Maseda, Miguel Río, Diego Tejeda, Yago Armesto e Diego Redondo; e os dianteiros Diego Basadre, Alberte Lage, Carlos Yáñez e Óscar López. O corpo técnico estaba composto polo adestrador Madriles, toda unha institución no club albivermello, e o delegado Óscar López Corral.

Un ascenso apoiado no control das fases de xogo

Os resultados durante as trinta e catro xornadas de competición amosan a gran regularidade do conxunto de Frigsa: vinte e tres triunfos, seis empates e cinco derrotas. Os setenta e cinco puntos logrados fixeron á Milagrosa merecedora da segunda posición na clasificación, conseguindo por tanto o ascenso e o dereito de disputar a Preferente na seguinte tempada. Cabe destacar a facilidade anotadora dos futbolistas de Madriles no citado curso futbolístico. Foron o equipo máis goleador do seu grupo tras anotar oitenta e seis goles, con ata catorce distintos futbolistas conseguindo perforar a rede da portaría rival. E se a parcela ofensiva merecía ser citada, a defensiva non se queda atrás. O gran traballo defensivo do conxunto do Luis López Gorgoso traduciuse en unicamente trinta e tres goles concedidos, superados nesta faceta do xogo soamente polo Lemos, que foi o campión e o outro equipo que logrou o ascenso.



Luis Díaz Carballido, centrocampista cun gran coñecemento táctico e un moi bo pé, foi o pichichi do equipo albivermello esa campaña tras anotar dezaseis goles. O veloz dianteiro Alberte Lage Díaz, con catorce dianas, o sempre efectivo Óscar López Cabo, con once, e o intenso e competitivo Carlos Yáñez, con dez, completan o top-4 anotador da Milagrosa nunha campaña para a historia do club dun barrio humilde da cidade amurallada de Lugo.

Os Vintage: SCD Milagrosa 2014/2015

Que agardar do grupo 4 da Primeira

Os Vintage: SCD Milagrosa 2014/2015