# Hashtag
Puebla FC

O Puebla FC, único equipo galego das sete primeiras categorías que o gañou todo

Nas primeiras sete categorías do fútbol estatal, dende a Primeira División á Primeira Futgal, hai 174 equipos galegos. Pero só hai un que conta todos os seus partidos por vitorias esta tempada. Trátase do Puebla FC, no grupo 5 da Primeira Futgal, que suma un total de 27 puntos, tras vecer os nove partidos disputados.

A pasada tempada, na que acariñaron o ascenso, xa protagonizaran un bo inicio de liga. Daquela, a estas alturas sumaran sete vitorias, un empate e unha derrota. Desta volta, o Puebla supera os seus propios rexistros. Saben que cantos máis puntos fagan canto antes, máis preto estarán do obxectivo: devolver o equipo a Preferente.

Polo momento, están a facer méritos, cun inicio que envexarían e moito os tres conxuntos galegos do fútbol profesional. Hai unhas semanas, o capitán do Puebla, Diego Bendaña, xa explicaba a FutbolinGalicia que saben que algún día rematará esta impresionante xeira de vitorias, pero aseguraba que, mentres non chegue ese momento, seguirán disfrutando dela.



As claves do grande inicio de liga do Puebla FC

O Puebla suma 27 puntos, tras vencer a Campo Lameiro, San Martín, Vilaboa, Ribadumia, Valiño, Soutomaior, Taragoña, Marcón e Flavia. Tras as nove primeiras xornadas, son os que máis anotan, con 14 goles a favor, e os que menos encaixan, e só catro en contra. Persigue ao Puebla o Unión (de Asados, Rianxo), que é segundo con 25 puntos e segue o ritmo do equipo de Chofri.

O capitán do Puebla indica que saen a cada partido «coa mesma intensidade, e iso é importante». A ilusión por devolver o Puebla a Preferente «segue intacta ou mesmo aumentou», sinala Bendaña. «Temos unha directiva que está ao noso lado en todo momento e creo que lle debemos este ansiado ascenso. Somos un dos equipos favoritos, pero tamén nós temos claro que cada rival que xogue contra nós vai querer dar o máximo», comenta a FutbolinGalicia.

Outros casos de só vitorias no fútbol galego

Aínda que non hai caso como o do Puebla FC mirando nas categorías máis altas, si atopamos equipos do fútbol galego nesa situación por baixo. No grupo 2 da Segunda Futgal de Santiago, tanto Cire Melide como Sport Team Estrada venceron os oito primeiros partidos e suman 24 puntos.



Na Liga da Costa, achégase algo ao caso dos anteriores o Camariñas, que se fixo con sete triunfos e empatou un encontro. Mesma situación que o Meiras, no grupo ferrolán, e o Iberia, no norte de Lugo. En Pontevedra, o Bueu ten sete vitorias e unha derrota. Mentres, La Purísima suma sete vitorias, un empate e unha derrota en na Segunda Futgal de Ourense.

No grupo de Vigo, Candeán e Colegio Hogar venceron seis partidos, empataron un e perderon outro, ao igual que o Sporting Coruñés e o Imperator OAR na Segunda Futgal da Coruña. O mesmo lle ocorre tamén ao Ferreira no grupo sur de Lugo.



O Puebla FC, único equipo galego das sete primeiras categorías que o gañou todo

Rober, Residencia: «Chegar ao último tramo da

O Puebla FC, único equipo galego das sete primeiras categorías que o gañou todo

Íker Gómez, Cented Academy: «Ao rematar o

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *