# Hashtag

As claves da Primeira Futgal na tempada 2024/2025

Calendarios listos e todo preparado nos máis de 100 clubs para o inicio da Primeira Futgal, previsto para a fin de semana do 7 e 8 de setembro. A Real Federación Galega de Fútbol deu a coñecer todo os detalles da categoría, que estrea novo formato: un grupo máis (ata os seis) e a desaparición da división provincial, algo que, agás casos contados, non se percibe. Haberá nove ascensos a Preferente e 18 descensos a Segunda Futgal.

Cada un dos seis grupos contará con 18 equipos. Non así, de momento, no 6, no que aínda figura o Ribadavia Atlético, se ben dende o club ourensán insisten en que non hai opción de que saian competir. (Actualización: a Federación ofreceu a praza do Riadavia á Milagrosa lucense).

Nese grupo 6 xa aparece o filial do CD Arenteiro, que asumiu a praza que deixou o Arrabaldo, que seguirá competindo na Segunda Futgal logo de renunciar ao ascenso.



Así queda o mapa da Primeira Futgal. RFGF

Ascensos e descensos

O primeiro clasificado de cada grupo ascenderá a Preferente. Tamén darán o salto de categoría os tres equipos que resulten vencedores dun play-off nos que participarán os segundos e terceiros de cada grupo. Disputarán unha eliminatoria cruzada e os duelos determinaranse por sorteo puro, só coa limitación de que non se poderán enfrontar equipos do mesmo grupo. Os gañadores da primeira eliminatoria xogarán de novo entre eles para que tres acaden o ascenso.

As dúas eliminatorias do play-off serán a doble partido. O encontro de ida terá lugar no campo do equipo peor clasificado. Se ao remate dos 180 minutos o resultado é de empate, haberá prórroga e, de ser necesario, penaltis.


Haberá tres descensos por grupo. É dicir, baixarán a Segunda Futgal cada tempada un total de 18 equipos. E aínda que o obxectivo da eliminación do criterio xeográfico era facer desaparecer os arrastres, hai un caso no que aínda se contemplan.



Se descende un equipo dende a Segunda RFEF que arrastra a un de Terceira a Preferente, o efecto cascada mandaría tantos equipos a Segunda Futgal como descensos de Segunda RFEF haxa.

Calendario xa definido

A RFGF deu a coñecer os calendarios de cada un dos seis grupos. A competición dará comezo a fin de semana do 7 e 8 de setembro e rematará o 11 de maio.

Aquí podes acceder ao calendario do grupo 1, grupo 2, grupo 3, grupo 4, grupo 5 e grupo 6.



Análises dos grupos da Primeira Futgal

FutbolinGalicia publicou a pasada semana a análise do grupo 2 da Primeira Futgal, que mesturou equipos que antes estaban no grupo da Coruña e Ferrol con outros de Santiago e a Costa. Iso fai prever unha tempada moi novidosa para os 18 equipos. Boimorto, Dumbría e Carral semellan partir como favoritos neste grupo.

Os artigos sobre os diferentes grupos da categoría continuarán esta semana, coa análise do grupo 1. Nel participan os seguintes equipos: Cedeira, Valdoviño, Galicia de Caranza, As Pontes, Cultural Maniños, Numancia de Ares, Perlío, Eume Deportivo, Sporting Meicende, Sporting Cambre, Olímpico, Relámpago, Oza Juvenil, Victoria, Orillamar, Ural, Torre e Marte.

FutbolinGalicia púxose en contacto cos adestradores destes clubs para coñecer a súa opinión a menos de 30 días para o inicio da liga. Nas vindeiras semanas sairán publicados os artigos sobre os outro catro grupos desta Primeira Futgal, para ter todos os detalles da categoría cando comece a rodar o balón.

As claves da Primeira Futgal na tempada 2024/2025

Diego Rey, Sarriana: «Non era desatinado pensar

As claves da Primeira Futgal na tempada 2024/2025

Hugo García, Atlético Arnoia: «Teño claro que

4 Comentarios

  1. […] As claves da Primeira Futgal na tempada 2024/2025 […]

  2. […] As claves da Primeira Futgal na tempada 2024/2025 […]

  3. […] As claves da Primeira Futgal na tempada 2024/2025 […]

  4. […] As claves da Primeira Futgal na tempada 2024/2025 […]

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *