# Hashtag

Unha conversa moi Diferencial: Iago Seijo (Galicia de Mugardos)

Hoxe temos en FutbolinGalicia unha conversa moi Diferencial con Iago Seijo (Fene, 2000). O atacante do Galicia de Mugardos repasa connosco a tempada 25-26, onde logrou ascender a Preferente Futgal co conxunto da Pedreira. FutbolinGalicia (de agora en diante, FIG): Ademais de sufrir o descenso co Galicia de Mugardos, o ano pasado non anotaches ningún […]

Os Diferenciais despídense con ascensos

Toca baixar o pano do escenario. A tempada do fútbol autonómico chegou á súa fin e, dez meses despois, nós tamén nos vemos na obriga de poñer o punto e a parte. Para nós foi un orgullo acompañarvos cada luns e cada martes co noso particular resumo da xornada, onde vos presentamos aos xogadores máis […]

Aos Diferenciais só lles resta un último baile

Só restan 90 minutos para rozar a gloria, ou ben caer no intento. Ese pode ser o pensamento maioritario nas cabezas dos xogadores que están a disputar estes play-off de ascenso. Un disparo, unha oportunidade, tal e como reza a canción “Lose Yourself”, onde Eminem non puido resumir mellor este tipo de situacións. Falta unha […]

Aos Diferenciais aínda lles quedan folgos

A estas alturas da temporada, os equipos comezan a estar cansos, mais non é tempo de caer na relaxación! Só lles restan 180 minutos para a gloria, polo que deben continuar a esforzarse e dalo todo en cada encontro. Iso si, os afeccionados ao fútbol galego están de sorte porque van a desfrutar das finais […]

O último baile dos Diferenciais

Ninguén o desexou, pero chegou o final. A Primeira Futgal asinou nesta xornada, no Día das Letras Galegas, un desenlace que será lembrado durante moitos anos. Malleiras, ascensos, salvacións agónicas… Moitos afeccionados derramaron bágoas, ben sexa de ledicia ou de tristura, neste último baile da temporada. Unha danza onde os Diferenciais brillaron coma sempre, despedindo […]

Os gladiadores da Primeira Futgal son os Diferenciais

A Primeira Futgal estase a converter nun coliseo romano nestas últimas datas, pois a meirande parte dos equipos seguen con esperanzas de lograr os seus obxectivos. Agás o Chantada, os líderes de cada un dos grupos deberán rillar o campo se queren o título, igual que lles sucede aos pechacancelas da competición, cuxas balas se […]

Que hora é? A dos Diferenciais da Primeira Futgal

Tic, tac, tic, tac… O reloxo da Primeira Futgal non deixa de resoar e os equipos, conscientes de estar ante a última oportunidade para conseguir os seus obxectivos, procuran dalo todo en cada partido. Quedan poucas balas e estragalas nunha fin de semana pode resultar fatal, ben sexa na loita polo ascenso ou pola permanencia. […]

No sprint final van estar os Diferenciais

Xa quedan menos de 10 partidos para pórlle o peche á Primeira Futgal e, como non pode ser doutro xeito, os equipos xa se preparan para o sprint final. De aquí ata o remate da competición, cada xornada é unha final onde pode pasar de todo. E é que a ‘carreira de cabalos’ polo ascenso […]

Continúa o baile dos Diferenciais

Se ben pasou o Entroido, a festa non parecer rematar na Primeira Futgal, onde continúa o baile de posicións entre os diferentes conxuntos. E é que nunha categoría tan complexa coma esta, as subas e baixadas van ser habituais ata o treito final. Por iso e, co obxectivo de finalizar a temporada do mellor xeito […]

Comeza a segunda volta para os Diferenciais da Primeira Futgal

O inicio da segunda volta pode supoñer unha oportunidade de reinicio para aqueles equipos que non están a conseguir os seus obxectivos. Pero tamén é unha proba de lume para os líderes e aspirantes ao play-off, pois deben manter o ritmo da primeira metade da temporada se queren acadar o ascenso á Preferente Futgal. Desde […]