En anteriores artigo, xa analizamos ás máximas goleadoras da Primeira Galicia, detallamos os nomes propios do gol en Segunda e agora toca facelo coa Terceira Galicia. No último chanzo das competicións galegas tamén hai batallas interesantes polo posto de pichichi.
Hoxe en FutbolinGalicia, desengranamos os cinco grupos e os coñecemos ás protagonistas.
Loita axustada no grupo 1 e líder en solitario no grupo 2
No Grupo 1, atopamos unha das loitas máis axustadas. O liderado atópase compartido por María Tojo do Eirís e Noa Souto do Val ‘B’ con 16 goles. De seguido, un nome coñecido, o de Joana Montouto que actualmente milita no Unión Campestre e leva 15 goles. Os primeiros postos da clasificación neste grupo ocúpanos o Eirís, o Unión Campestre e o Abellá.
Situación moi diferente a do grupo 2 que conta cunha líder escapada das súas rivais. Naroa Parga é a avanzada e leva 35 goles no que vai de campaña. A xogadora do Corme é líder en solitario, cunha gran diferenza co resto de xogadoras.
Seguindo o ranking están dúas xogadoras coñecidas no fútbol da costa e ambas visten a camiseta muxiana. Patricia Romaní con 19 goles e Barca Toba con 14 tantos dende xaneiro tras recuperarse da lesión de ligamento cruzado.

A axuda dos goles de Naroa para o Corme fan que este se sitúe como claro candidato ao ascenso con 48 puntos. Empatados a 37 puntos están o Muxía e o Bergantiños ‘B’, na segunda e terceira posición.

A xuventude manda no grupo 3 e hexemonía esteirana no grupo 4
Tan só 14 anos ten a máxima goleadora do grupo 3. Daniela Barbazán do Nicrariense sitúase como pichichi con 25 goles, seguida por Claudia Novoa do Cruces con 21 tantos e Elvira Mazas do Santiso e con 19 goles. O Santiso é o líder da categoría con 47 puntos seguido por San Lázaro e Nicrariense a 6 puntos de distancia.
No grupo 4 o equipo de Esteiro é o que lidera a clasificación de goleadoras. Rut Castro racha coas estatísticas cos seus 43 goles, unha media de case 3 goles por partido. Barbara Caamaño tampouco se queda atrás cunha conta goleadora de 29 tantos. En terceiro lugar aparece Laura Gómez do Taragoña con 26 goles.
Malia que a Esteirana lidera o ranking de pichichis, na táboa clasificatoria van segundas con 43 puntos. O liderado é do Céltiga que ten unha vitoria máis no seu contador.

Un grupo 5 máis igualado para pechar a Terceira
No último grupo da Terceira Galicia, é Emma López a que cos seus 27 goles lidera a táboa de anotadoras. A xogadora do Cañiza coa súa veteranía está anotando algo máis dun gol por encontro. Na loita, dúas xogadoras mozas como son Sara Lomba da Unión Guardesa e Míriam Martínez do Ponte Caldelas.

Nos tres primeiros postos da clasificación están o Ponte Caldelas con 42 puntos, o Mos con 40 puntos e o Cañiza con 39 puntos pero empatado co Salcedo, en cuarta posición.