# Hashtag

Diario dun Mercado. A Preferente Norte xa está en marcha. Episodio 5

Só queda un mes para que o balón rode de novo nos campos da Preferente Norte. A maior parte dos equipos xa regresaron ao traballo. O xoves sairá á luz o calendario para esta tempada. A Real Federación Galega de Fútbol sortearao durante unha nova Asemblea Xeral Ordinaria, na sede federativa de Santiago.

Mentres, os equipos comezan a desputar os primeiros amigables. O Galicia de Mugardos, por exemplo, venceu 3-1 a un rival de superior categoría, o Betanzos. O Cidade de Ribeira, que renovou a Aguado e a Fer, non puido con todo un Pontevedra de Segunda RFEF (0-3). Festival de goles na estrea do Atlético Escairón, que empatou 5-5 ante o Córgomo de Primeira Futgal. Os do Saviñao comunicaron a continuidade de Asier Seijas e Adri Álvarez.

Tamén houbo unha chea de goles da estrea do Dubra. Os amarelos empataron 4-4 ante o Dépor xuvenil no Torneo Emigrante (na imaxe sobre estas liñas). De cara ás vindeiras xornadas, a SD O Val medirase este mércores ao CD Cariño. O Negreira, pola súa banda, xogará un triangular ante a UD Ourense e o Lalín o sábado. O Paiosaco xogará o venres ante o Sporting Meicende, tras debutar contra o Silva.



Últimos movementos do mercado

O mercado vai deixando os últimos movementos na Preferente Norte. Pero algúns son de moito nivel. É o caso da fichaxe de Jorge Cano polo Atlético Coruña Montañeros. O dianteiro volve á que foi a súa casa logo de doce tempadas en equipos de Segunda B, Segunda RFEF e Terceira RFEF. O último deles foi o Bergantiños, do que procede.

Mentres, o Sofán incorpora ao atacante coruñés, Eloy Díaz, un futbolista moi experimentado que chega ao Carral para garantir goles. O club de Carballo tamén anunciou a Zalo como segundo adestrador e mais a Álvaro Santalucía como delegado e analista.

No Órdenes suman renovacións dos xogadores que acadaron o ascenso e, ademais, regresa ao club Samu Villa, que xa destacara na súa etapa xuvenil, e asinan a Roi Rama. O Ribadeo, que será o conxunto máis viaxero de categoría, indicou que catro xuvenís farán a pretempada co primeiro equipo. Trátase de Adrián Rodríguez, Nacho Coto, Diego Polo e Arturo Pertejo.



Seguindo na provincia de Lugo, a SD Pol incorpora ao porteiro Marcos Rodríguez, que vén de rematar a súa etapa xuvenil no Racing Club Ferrol, tras formarse na base do CD Lugo. Ademais, tal e como adiantou FutbolinGalicia, o club integrarase nunha nova estrutura, o Pol Football Center, un Pinatar Arena galego. Non seguirá Gerardo Carrera.

Os descendidos á Preferente Futgal Norte

Paiosaco | Renovacións: Bilal, Manu, Javi Sande, Dani Moreno, Dani Carnota, Andrés, Raña, Beto, Popi, Josiño, Juanma e Pablo Rodríguez. | Fichaxes: Pablo Plaza, Toro e Adri Méndez (centrais), Bacariza (lateral esquerdo), Aller e David González (mediocentros) e Rubén Rivera (dianteiro). | Baixas: Moure, Fer Gordo, Parafita, Laye, William, Ventola e Iván Dopico.

Arzúa | Renovacións: Lucas, David Freire, Catú e Iker Hurtado. | Fichaxes: Manu Jiménez (porteiro); Isma, Anxo e Javichu (defensas), Caneda (central); Munín, Fabio, Xan e Hermelo (centrocampistas), Josiño (mediapunta); Álex Soliño (extremo), Alberto Fraga (dianteiro) e Rial (dianteiro). Soben dende o xuvenil Marcos Vidal (defensa) e Jano (dianterio).



Outros equipos da Preferente Norte

Dubra | Renovacións: Javi Domínguez, Martín Vieites, Fedello, Álvaro Varela, Cea, Juanjo, Darío, Marín García, Iker Maceira, Abel Patiño, Carlos e Jairo Varela. | Fichaxes: Christian Fernández, Aarón Fernández e Iván Calvo | Baixas: Dani Moto, Brais, Josiño.

Cidade de Ribeira | Renovacións: Flori, Adrián Lijó, Joseinho, Torito, Pablo Pérez, Eloy, Álvaro Calo, Álex Teira, Xenxo, Vitu, Nacho, Jon, Yago, Aguado, Fer e Adao. | Fichaxes: José Piñeiro, Anxo Vidal, Sera, Nando e sobe do xuvenil Moha. | Baixas: Dani Carnota, Manu Sieira, Fran Pena, Alberto e Anthony.

Ribadeo | Renovacións: Pablo Castrín, Álex Meitín, Xairo e Aitor García, Simón Hortal e Diego Ferreiro. | Fichaxes: Kevin Pierre , Pedro Díaz, Martín Traba, Del Viso, Javi Pita, Mario Lorido, Martín Sanjurjo, Pedrinho e promociona ao primeiro equipo Aarón Alonso. | Baixas: Isma Barreira, Santi García, Christopher Díaz, Carlos Carrera, Burundarena, Vicente González, Ibrahima Ciss, Hugo López, Nuno Mencía, Mounirou Ndjim, Iván García e Iván Rodríguez.

Ascendidos a Preferente Norte

Negreira | Renovacións: Juan Diego, Raúl García, Jose Dacuña, Juan Caamaño, Miguel Gómez, Gonzalo Suárez, Jorge Colón, Joel Lagares, Javier López, Daszkal, Francisco Sanín, Roberto Núñez, Juan Berdullas e Alberto Freire. | Fichaxes: Adrián Ferreiro, Antón Rial, Jorge Rama e Xabier Sánchez.

Atlético Escairón | Renovacións: Miguel Vilachá, Manu Tagüi, Julito, Denis López, Óscar Maki, Rubén Díaz, Iván Parapar, Yosu Docampo, Toni Álvarez, Javi Arias, Rodrigo Nahuel, Marcos Macía, Asier Seijas e Adri Álvarez. | Fichaxes: Dani Delgado, Nico Ferreiro, Pana, Yago Sanginés, Xoel Irimia, Dani García Lamelas e Miguel Salgado. | Baixas: Rucho Sotelo.



Órdenes | Renovacións: Mouriño, Román, Castro, Pichu, Iván Calvo, Diego, Brais, Santiso, Monchi, Sergio e Manu Castro. | Fichaxes: Martiño, Barral, Louras, Roi Rama e Samu Villa.

Pol | Renovacións: Manu Cedrón, Adri Rivas, Agus, Álex Pérez, Julio Camba, Samu Quintela, Marquitos, Roi Campos e Omar. | Fichaxes: Mauro Busi, David López, Iago Buján e Marcos Rodríguez.

Cadros de xogadores moi avanzados

Mugardos | Renovacións: Do Carmo, Pastur, Dopico, Orosa, David, Borja Pita, Moi, Vicente e Martín. | Fichaxes: Jesús Gabarre, Iván Pérez, Diego Pérez, Jorge Piquero, Gabriel Balbás, Iago Seijo, Juan Lamigueiro, Cobo, Álvaro Dolz, Ismael Ríos e Álex del Río. | Baixas: Javichu, Artai, Brais, Berreta, David Pájaro, Borja, Iker e Toro.

Sigüeiro | Renovacións: Borja Sainz, Jorge Parcero, Cristian Liñares, Ale Díaz, Remu, Balsa, Goris, Ozorez. | Fichaxes: Marcos Fontán (dianteiro), Marco Baña (centrocampista), Pedro Moraña (centrocampista), Manu Prieto (lateral ou central), Hugo Alvarellos (dianteiro), Borja Juste (dianteiro), Pablo Álvarez (porteiro), Édgar Blanco (central), Iván Alonso (lateral esquerdo), Anxo Lamas (centrocampista) e Martín Souto (centrocampista).

Montañeros | Renovacións: Mauro Lois, Pape, Izan Ponce, Samu Rey, André Poses, Guille del Valle, Alonzo de Sousa, Rubén Sande, Jonathan Rodríguez, Hugo Mato, Marcos Moreno, Lucas García, Unai Peón, Víctor Seco, Álex Suárez, Miguel Real, Marcos Teijeiro e Rodri Méndez. | Fichaxes: Nano Varela, Pablo Fraga, Pedro Barbolla, Currás, Pablo Vilariño, Jorge Otero e Jorge Cano. | Baixas: Borja Fernández, Álex López, Dani García, Álvaro Coello, Jacobo Eibe e Toni Vilar.

Sofán | Renovacións: Alexandre Mallo, Iván Parafita, Fabián Vidal, Marcos Montero, Martín Pereira, Javier Souto, Dani Becerra, Braian Gómez, Raúl Pérez, Daniel Pena, Gardu, Noé Pérez, Iván Martínez e Brais Gómez. | Fichaxes: Álex Sánchez, Juan José Díaz, Paulo Vázquez, Dani García, Pablo Parafita e Eloy Díaz. | Baixas: Luca, David Bandera, Brais Cancela e Juan Carlos Currás.

San Tirso | Renovacións: Denis, Xián, David Lago, Segade, Jorge, Meijide, Lameiro, Adrián, Rellán, Cambeiro, Cristian, Cagiao, Gamallo, Mario, Ferreiro, Carlos Díaz, Christian Rey e Sito. | Fichaxes: Pablo Vigo (defensa) e soben do xuvenil Álex Miranda, Gabriel Ares e Unai Mato. | Baixas: César, Santi e Bacariza.

Sen novidades dende o último Diario

Lalín | Renovacións: Eloy, Rivas, Pablo Couto, Brais Vila, Santi Rodríguez, Xocas, Josema, Chiño, Peti, Aarón, Rubén, Tibu. | Fichaxes: Enjamio (centrocampista), Santi Garrido (mediocentro), Mario Barreiro (porteiro) e Brais Pedreira (centrocampista), Hugo Rodríguez (mediapunta).

O Val | Renovacións: Manu Pol, Permuy, Adri Fernández, Martín San Claudio, Álex Alonso, Brais Fagúndez, Pablo Leo, Álex Fernández, Carlos Bace, Marcos Rodríguez, Álex Caste, Sergio López, Hugo e Estevo Grandal. | Fichaxes: Emilio Viqueira, Dani Manso, Rafa Couce e Manu González. | Baixas: Yago Pérez, Juan Muiños, Marcos Amado e Seny Sohna.

Miño | Renovacións: Javi, Kevin Stiven, Pájaro, Pablito, Cobelo, Candal, Rober, Trillo, Vile, Astray, Pablo Barral, Andrés. | Fichaxes: Jacobo Eibe (centrocampista), Dani Fernández (centrocampista), Mario Couce (centrocampista), David Seoane (defensa), Jaime Urbano (central), Rulo (central) e Jaime Leira. | Baixas: Fran, Varela, Damián, Ipi, Carneiro, Prosi e Cobo.

Lemos | Renovacións: Aissa, Losada, Dafonte, Borja Castro, Alami, Adri Armesto, Carrasco, Sergio Seijas, Panizo Brais Mariño e Varela. | Fichaxes: Luis González, Cesar Rodríguez, Adrián Salgado, Damián e promocionan do filial Luis Vila e Álex Arca.

Diario dun Mercado. A Preferente Norte xa está en marcha. Episodio 5

Héctor (Villalbés), preparador físico: «O noso rol

Diario dun Mercado. A Preferente Norte xa está en marcha. Episodio 5

Os novos proxectos da Preferente Sur botan

1 Comentario

  1. […] Diario dun Mercado. A Preferente Norte xa está […]

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *