# Hashtag
Ribadeo e Cidade de Ribeira, os clubs máis viaxeiros da Preferente Norte

Ribadeo e Cidade de Ribeira, os clubs máis viaxeiros da Preferente Norte

A pouco máis dun mes para o comezo da Preferente Futgal, os clubs ultiman detalles. No deportivo está case todo decidido e os equipos comezan estes días a pretempada. Mentres, o traballo continúa nos despachos, entre orzamentos e axustes varios. Os gastos de transporte adoitan ocupar unha partida importante e aí xorden moitas diferenzas entre os clubs.

No grupo norte, no que competirán os equipos das provincias da Coruña e Lugo e mais o Lalín, hai un claro gañador no que a distancia por percorrer se refire. Entre viaxes de ida e volta, o Ribadeo FC terá que afrontar unha travesía duns 5.500 quilómetros. Agás na visita ao Pol, todos os desprazamentos dos mariñanos superan os 200 quilómetros (contando partida e regreso).

A viaxe máis longa que ten por diante o Ribadeo (520 quilómetros entre ida e volta) é a que os levará ao complexo deportivo da Fieiteira, a casa do Cidade de Ribeira. Precisamente, o cadro ribeirense será o segundo que máis tempo invirta en desprazamentos a vindeira tempada, con 4.710 quilómetros para visitar aos seus 17 rivais.



Completan o ‘top 5’ de equipos máis viaxeiros da Preferente Norte os outros tres clubs lugueses. Trátase do Club Lemos, cuns 4680 quilómetros, contando ida e volta; o Atlético Escairón, que percorrerá unha distancia aproximada de 4600 quilómetros, e o Pol, cuns 4000.

A outra cara da moeda

Arzúa, San Tirso, Órdenes e Sigüeiro son, por esta orde, os clubs que terán viaxes máis curtas na tempada 2024/25. En concreto, serán unhas distancias aproximadas de 2455, 2480, 2500 e 2500 quilómetros, respectivamente.

Ribadeo e Cidade de Ribeira, os clubs máis viaxeiros da Preferente Norte
Distancias en quilómetros que percorrerán os 18 clubs da Preferente Norte. Elaboración propia

As distancias son aproximadas e foron calculadas seguindo a ruta máis curta proporcionada por Google Maps. Tomouse como punto de partida e de chegada os campos de cada un dos 18 equipos deste grupo norte da Preferente Futgal.



Cambios na Preferente Futgal

A competición botará a andar a fin de semana do 7 e 8 de setembro con 36 equipos repartidos en dous grupos e con importantes novidades. Unha delas é o número de ascensos directos, que se reduce de dous a un por cada grupo. Así, a vindeira campaña só poderemos falar dun total de dous ascensos coa fin da liga regular.

Os outros dous ascensos determinaranse nun play-off. A esa fase accederán un total de oito equipos, dende o segundo ata o quinto clasificado de cada grupo. Os conxuntos do norte e o sur mediranse nunha promoción cruzada da que sairán os restantes dous equipos en acadar o ascenso a Terceira RFEF. Para iso, deberán superar dúas eliminatorias.

Aquí tes máis información sobre o novo formato e podes seguir a nosa conta en X para estar ao día de calquera novidade.



Ribadeo e Cidade de Ribeira, os clubs máis viaxeiros da Preferente Norte

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 10

Ribadeo e Cidade de Ribeira, os clubs máis viaxeiros da Preferente Norte

Diario dun Mercado Preferente Sur. Episodio 6

1 comentario

  1. […] Ribadeo e Cidade de Ribeira, os clubs máis […]

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *