Ata 156 veces foi perforada a meta dos 18 equipos de Terceira RFEF nos 65 partidos disputados ata este momento no que vai de tempada 2024-2025. Son case 30 goles máis que os anotados a estas alturas de curso con respecto a campaña pasada.
O grupo galego de Terceira RFEF está a vivir a súa oitava xornada esta fin de semana. No primeiro partido, celebrado onte en Ponte dos Brozos, houbo ata 8 goles en todo un espectáculo para os espectadores. O Arosa venceu ao Arteixo a domicilio por 3 a 5.
Xa no día de hoxe o Estradense visitaba o campo de Cantarrana para medirse ao Viveiro. Ao descanso mandaban os da Mariña lucense por 2 a 1, mais o resultado final foi de 3 a 4 a favor dos visitantes noutro partido con multitud de goles e unha remontada a domicilio.
O domingo pasado viviuse outro envite cun resultado pouco habitual. No Municipal de Barreiro o Gran Peña venceu ao Viveiro por 5 a 4 a pesar de ir perdendo por 2 a 4 no minuto 84. Tamén hai sete días que se produciu outra remontada épica. O Arteixo vencía por 0 a 2 no minuto 13 ao Barbadás en Os Carrís. O cadro local foi capaz de dar a volta ao resultado e obter unha gran vitoria diante da súa afección.