# Hashtag

Conta atrás para que a Federación Galega de Fútbol estree nova presidencia

Dende o pasado 30 de decembro está en marcha ao proceso electoral no que se elixirá ao novo presidente da Real Federación Galega de Fútbol, logo de que o anterior dirixente, Rafael Louzán, fose proclamado presidente da Real Federación Española de Fútbol.

A Asemblea para a votación terá lugar o 5 de febreiro e o fútbol galego terá nova presidencia o 13 de febreiro, agás que se presenten recursos, o que retrasaría o procedemento. Se non os houbese, un día despois, o 14, tería lugar a toma de posesión.

No caso de haber recursos ante o Comité Galego de Xustiza Deportiva, a proclamación definitiva da presidencia podería atrasarse ao 21 de febreiro, de modo que a toma de posesión quedaría para o día 24.



Con todo, os prazos axilizaríanse se só se presentase un candidato, de modo que sería proclamado presidente o día 16 deste primeiro mes de xaneiro. O  prazo para a presentación de candidaturas á presidencia remata este mércores, 8 de xaneiro.

O calendario do proceso electoral da RFGF, aprobado tamén pola Secretaría Xeral para o Deporte, está publicado na páxina web da entidade, no apartado de Procesos Electorais (Menú > Federación > Procesos Electorais > Eleccións RFGF 2025).

A Federación aprobou as contas

Na súa última xuntanza, a Asemblea da Real Federación Galega de Fútbol aprobou tamén as súas contas, un orzamento de 6.631.000 euros.



O anterior presidente desexaba asistir a esa xuntanza para poder despedirse dos asembleístas, pero por motivos de axenda do seu cargo como presidente da RFEF resultoulle imposible estar presente. Rafael Louzán si puido despedirse a través dun vídeo no que deu as grazas aos asembleístas e a todos os clubs galegos polo traballo realizado durante os 10 anos do seu mandato.

Conta atrás para que a Federación Galega de Fútbol estree nova presidencia

Fin de semana de Copa Deputación lucense

Conta atrás para que a Federación Galega de Fútbol estree nova presidencia

A Copa Deputación de Pontevedra avanza cara

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *