# Hashtag

Unha conversa moi Diferencial: Jonás (Domaio FC)

Hoxe temos en FutbolinGalicia unha conversa moi Diferencial con Jonás (Vigo, 1987). A pesar de non comezar a tempada nas filas do Domaio, foi un dos seus xogadores máis destacados, ademais do seu máximo goleador con 22 tantos entre todas as competicións. O seu liderado no campo tivo un efecto inmediato na entidade moañesa, contribuíndo de maneira significativa á permanencia en Primeira Futgal.

Futbolin Galicia (de agora en diante, FIG): 22 goles en 22 partidos. Quen tivo, retivo, ou? Como viviches o teu regreso á Granxa 8 anos despois?

Jonás Caride (de agora en diante, JC): A verdade, xa pasaron uns cantos anos desde aquela. De feito xa non queda ningún compañeiro de aquela etapa e, evidentemente, un faise maior. Pero como ti dis, quen tivo retivo e as cousas déronse ben tanto a nivel colectivo como a nivel individual.



FIG: Por que decidiches cambiar o Moraña polo Domaio en pleno decembro?

JC: O cambio debeuse a un motivo persoal importante e a que, deportivamente falando, non estaba totalmente contento en Moraña. Iso si, resultou máis decisivo ese factor persoal que vos comentaba.

FIG: A túa última aventura co club moañés transcorreu tamén en Primeira Futgal. Mudou a categorías nos últimos anos? Era máis complexa a última vez que xogaches nela?



JC: Xa son moitos anos sen xogar na Primeira Futgal, pero o nivel non cambiou moito. Segue a haber un grupo duns seis equipos -máis ou menos- que teñen un nivel competitivo superior ao resto e logo está todo moi parello.

FIG: O Domaio situábase a un punto do descenso cando chegaches. Porén, rematou a competición na sétima posición. Podemos falar do ‘efecto Jonás’? Igual fuches un factor de motivación para os teus compañeiros…

JC: Evidentemente os datos están aí, pero non creo fora só pola miña chegada ao equipo. Si que é certo que cando chega un xogador procedente de categorías superiores motiva ao resto a esforzarse aínda máis. Pero neste caso, todos os xogadores deron un paso adiante por eles mesmos.



FIG: Tiveches problemas para adaparte ao xogo do equipo? Un ve os teus números e entende que non tardaches moito en carburar.

JC: Adaptarme foi moi doado. Temos un vestiario incrible e no cal me sinto moi cómodo, polo que xogar con todos e cada un dos meus compañeiros é un verdadeiro pracer.

FIG: Con todo, atravesaches unha seca goleadora dun mes. Cal foi a razón deste baixón?

JC: Hai que ser consciente de que non se pode marcar sempre e de que os dianteiros e as xeiras sempre van da man. Cando se che nega o gol e non hai forma de anotar, toca axudar doutra maneira. As secas goleadores son algo que xamais me preocupou.

FIG: Acto seguido soterraches a crise con dous hat-trick consecutivos, realizando un boi bo remate de tempada. Como superaches esa fochanca?



JC: É iso. Cando un entra nunha boa dinámica, a portería fáiselle máis grande e foi o que pasou.

FIG: Se puideses quedarte cun gol desta tempada, cal sería?



JC: Nas útlimas xornadas anoteille un bo tanto ao Chaín. Collín o balón na semilúa, xirei sobre min mesmo e, case sen mirar a portería, disparei. O xut ía con moita forza e foi parar ao fondo das redes rivais, coándose pola esquina inferior dereita da meta.

FIG: Que vai facer Jonás a tempada que vén, ademais de meter goles como chuzos?

JC: Primeiro, hai que ter en conta que con esta idade e cos nenos na casa, cada ano é máis complicado. Para continuar é necesario seguir desfrutando do fútbol, porque se non é así non seguiría.

Jonás posa cun dos seus afeccionados máis fieis antes de xogar un partido co Domaio. FOTO: DOMAIO FC

Que son os Diferenciais?

Os Diferenciais de FutbolinGalicia son eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.

Cada xornada, a Primeira Futgal deléitanos con máis de medio cento de partidos. Como ter ollos en todos e cada un dos campos é imposible, agardamos a vosa participación para completar a listaxe dos Diferenciais.

Unha conversa moi Diferencial: Jonás (Domaio FC)

Os planteis máis Diferenciais da Primeira Futgal:

Unha conversa moi Diferencial: Jonás (Domaio FC)

Unha conversa moi Diferencial: Jonás (Domaio FC)