# Hashtag

Primeira radiografía da Preferente Futgal Xuvenil: así se repartirían os 48 equipos

Ademais do fútbol sénior, o fútbol base tamén comeza a estar pendente da configuración dos grupos por parte da Real Federación Galega de Fútbol. Coa vista posta na tempada 2026/27, os clubs xa traballan na confección dos seus cadros de xogadores e na planificación das pretempadas.

É o caso, entre outras competicións, da Preferente Futgal Xuvenil, unha categoría que sufriu unha importante reestruturación debido aos catro descensos galegos desde División de Honra e ao consecuente efecto arrastre na Liga Nacional. Porén, grazas a unha medida impulsada pola Federación Galega, ese efecto cascada foi menor do esperado, xa que os equipos afectados non descenderon directamente á Primeira Futgal Xuvenil, senón que tiveron unha segunda oportunidade nunha eliminatoria a dobre partido fronte a conxuntos que aspiraban ao ascenso.

A pesar desa iniciativa, que lles concedeu unha vida extra á Escola Estrada, ao Imperator, á UD Ourense B e ao Sporting Cambre, ningún deles conseguiu superar a eliminatoria e acabaron descendendo. Así, sumáronse aos xa descendidos Céltiga, Conxo B, Monteporreiro, Tomiño, Valladares, Gondomar, Olímpico, Ordes, Sporting Meicende e Pabellón B, este último o único club que perdeu a categoría de forma directa polo efecto cascada.



Configuración de grupos

Pola contra, os vencedores desas catro eliminatorias foron Cordeiro, A Seca, Victoria B e Comesaña, que lograron o ascenso e acompañarán aos equipos que xa o conseguiran de maneira directa durante a liga regular: Lourenzá, Narón O Freixo, Dumbría, Oza Xuvenil, Portonovo, Milladoiro, Atlántida de Matamá e Chantada.

A categoría tamén perde ao Bergantiños, ao Xuventude Oroso, ao Cented Academy e á Escola DSF, todos eles ascendidos á Liga Nacional. Desde esa categoría descenden, entre perdas directas e arrastres, Atlético Arteixo, Bertamiráns, Alondras, AJ Lérez, Pabellón e Ourense CF. Unha vez completados todos estes movementos, e sempre á espera da confirmación oficial da RFGF, os grupos perfílanse do seguinte xeito:

Sobre o papel, o Grupo 1 estaría integrado por Atlético Coruña Montañeros B, Racing de Ferrol B, Ural B, San Tirso, Orillamar, Marino, Calasanz, Racing Vilalbés, Residencia, Galicia Caranza, Atlético Arteixo, Lourenzá, Narón O Freixo, Dumbría, Oza Xuvenil e Victoria B.



No Grupo 2 competirían Arosa B, Cidade de Ribeira, Salgueiriños, CD Lérez, ED Arousa, Amio, Ribadumia, Compostela B, Choco B, Portonovo, Milladoiro, Cordeiro, A Seca, Bertamiráns, AJ Lérez e Alondras.

Pola súa banda, o Grupo 3 estaría formado por Santa Mariña, Calasancio, Coruxo B, Barbadás, Antela, Val Miñor C, Colegio Hogar, Rápido de Bouzas, Rápido de Pereiró, Alertanavia, Atlántida de Matamá, Chantada, Comesaña, Pabellón, Ourense CF e Porriño Industrial, único equipo que, sobre o papel, cambiaría de grupo con respecto á pasada campaña.

Salvo algún axuste inesperado —como podería ser un posible intercambio entre Chantada (que pasaría do Grupo 3 ao 1), Dumbría (do 1 ao 2) e Choco B (do 2 ao 3)—, todo apunta a que esta será a configuración dos tres grupos da Preferente Futgal Xuvenil na tempada 2026/27.



Primeira radiografía da Preferente Futgal Xuvenil: así se repartirían os 48 equipos

A renuncia do Lugo B reordena a