A loita polos últimos billetes para xogar a vindeira tempada na Primeira Futgal comeza esta fin de semana. Como tamén se disputan os dous partidos de ida das semifinais da fase galega do play-off de ascenso a Segunda RFEF. En cambio, a fase de ascenso a Terceira RFEF (con este calendario) e á Preferente Futgal comeza a vindeira fin de semana (24 e 25 de maio).
Pero se por algo destaca esta fin de semana é pola disputa das finais de tres das copas galegas. Unha delas é a Copa Deputación de Pontevedra, cuxas finais terán lugar o domingo en Pasarón.
O Cambados e o Cultural Areas disputarán a final masculina a partir das 12 horas. San Roque Casablanca e Domaio FC serán os dous equipos que loiten por levar a final feminina. A cita terá lugar ás 16.30 horas.
Copas do Sar e Ferrol o sábado
O Novo Campo do Doce, na Escravitude (Padrón), alberga este sábado 17 de maio a final da Copa do Sar. A edición feminina será ao mediodía e medirá á SD Touro e ao EFM Concello de Boiro, con acceso de balde. Pola tarde, dende as 18:00 horas, disputarase a final masculina, entre SD Negreira e SR Calo. O prezo da entrada é de 5 euros. Menores de 14 anos, de balde.
No caso da Copa Ferrol, CCRD Perlío e SD O Val de Narón disputarán o sábado a final da segunda edición feminina. A cita terá lugar a partir das 12 horas. Pola tarde, ás sete, Galicia Mugardos e SD O Val de Narón serán os dous equipos que loiten por levar a casa a XXIV edición masculina. O prezo da entrada é de 5 euros.
Avanzan tamén outras copas, como a de Ourense, que esta fin de semana disputa a rolda de cuartos. Será a de oitavos no caso da LX Copa da Costa e mais da Copa Deputación de Lugo, na súa edición para equipos de Preferente e Primeira Futgal

Buscando un billete para Primeira Futgal
Con 14 equipos xa ascendidos de xeito directo dende a Segunda Futgal cara á Primeira Futgal, son cinco as prazas de ascenso aínda en disputa nesta fase de ascenso.


.
