# Hashtag

Héctor Méndez (Villalonga): «Sabiamos antes de empezar que sería unha tempada complicada»

Héctor Méndez é un dos capitáns dun Villalonga no que cumprirá a súa décima tempada no primeiro equipo. A campaña non terminou da mellor maneira tralo descenso do conxunto de San Pedro de Terceira RFEF a Preferente Futgal. A continuación as verbas dunha voz máis que autorizada do Villalonga:

FutbolinGalicia (en adiante FIG): Tras unha nova renovación cumprirás a túa décima tempada no Villalonga. Que significa o club para Héctor Méndez?

Héctor Méndez Esperón (en adiante HME): «Villalonga é moito máis que un club para min. Levo máis de vinte anos aquí (contando categorías inferiores), foi onde crecín e aprendín todo o que sei. Estou orgulloso de defender esta camiseta e esta paixón polo Villalonga!»



FIG: Como defines a tempada pasada do equipo na Terceira RFEF?

HME: «Sabiamos antes de empezar que sería unha tempada complicada e unha liga moi esixente con grandes equipos. Ao final todo se decidiu nun par de partidos que tivemos en San Pedro e nos que saíu cruz e descendeuse, mais queda coma aprendizaxe!

FIG: Cales son os obxectivos do Villalonga para a nova tempada?



HME: «Crear un grupo humano bo tanto dentro coma fóra do campo. Logo gañar partidos e estar o máis arriba posible na clasificación.»

FIG: E os obxectivos a nivel individual de Héctor Méndez?

HME: «Os dianteiros poñémonos sempre metas de goles. O importante é poder axudar ao equipo no que me necesiten, tanto dentro coma fóra do campo.»



FIG: Que equipos cres que estarán pelexando polo ascenso a Terceira RFEF na 25-26?

HME: «O Portonovo, o Atios e algunha sorpresa como foi o ano pasado o Beluso.»

Cortiña e ao pé con Héctor Méndez Esperón

Campo favorito: «San Pedro.»

Un momento inesquecible da túa carreira: «O segundo ascenso a Terceira División.»

Un adestrador que te marcase: «Luciano, pola salvación e o posterior ascenso.»



Un compañeiro: Nico Fraga. Eterno capitán e amigo para toda a vida!

Un xogador rival que ficharías para o teu equipo: «O meu ex-compañeiro Alex Rey.»



Héctor Méndez (Villalonga): «Sabiamos antes de empezar que sería unha tempada complicada»

Diario dun Mercado na Terceira RFEF (IV)