# Hashtag
#Terceira RFEF

Comeza o mercado de xullo

Cada vez queda menos para que os equipos pechen os seus plantéis de cara á vindeira campaña e os movementos continúan sucedéndose na Terceira RFEF. Máis alá das novidades do Arenteiro, que finalmente competirá na categoría, estes son os principais cambios da última semana.

Despedidas no Céltiga e no Silva

Ambos conxuntos dixeron adeus a máis de dez xogadores. No caso do club coruñés, non continuarán Barbera, Álex Ares, Adrián Vázquez, Hugo Amado, Estramil, Álex Coba, Montero, Carletto, Rodri Alonso e Álvaro Rey. Tampouco seguirán Iago Pérez, que xogará no Atlético Montañeros a vindeira temporada; Fiuza, que se retira; e Manu Márquez, que deixa o equipo por motivos de estudos.

Non todo foron despedidas, xa que o Silva tamén confirmou a continuidade de Nico Rosas e Minibugy.



Pola súa banda, o Céltiga despediuse de once futbolistas. Na portería marcha Antón Pérez; na defensa, Álex Rodríguez, Rubén Casás, Martín Sánchez, Dani Prada e Diego Covelo; no centro do campo, Pedro Delgado, Guille e Hugo Vázquez; e na dianteira, Marcelo Muñín e Marcos Blanco. Ademais, como xa se informou a semana pasada, Adri Rodríguez tampouco continuará tras fichar pola Sarriana.

Estas saídas compénsanse coa promoción de Martiño ao primeiro equipo e coa chegada de cinco incorporacións.



Guille López chega procedente do Moaña para reforzar a portería, mentres que a defensa incorpora a Ginto Nunokawa, do Gran Peña, e a Manu Fernández, que pode actuar tanto como defensa como de mediocentro e chega desde o Arosa. Para o ataque, o Céltiga suma a Fran López, tamén procedente do Gran Peña, e a Facu Moreyra, que chega desde o Boiro.

Cinco novos xogadores para o Villalbés

Dos seis movementos que realizou esta semana o Racing Villalbés, cinco foron incorporacións. O único xogador que causa baixa é o dianteiro Álvaro Herrero. Para reforzar a parcela ofensiva chegan Raúl Melo, procedente do Atlético Arteixo; Julio Lasade, desde o Viveiro; e Rodri Alonso, do Silva. Ademais, o conxunto chairego apuntala a defensa coas incorporacións de Marcos Aller, tamén procedente do Atlético Arteixo, e de Brais Prieto, que, como xa se anunciou a semana pasada, chega desde o Lalín.

Rozando os 20 xogadores

Os únicos plantéis que actualmente superan a vintena de futbolistas son o Silva e o Villalbés, con 20 e 22 xogadores confirmados, respectivamente. Moi preto sitúanse o Atlético Montañeros e o Estradense, ambos con 19, mentres que o Lalín xa suma 17 efectivos.



O Atlético Montañeros reforzou esta semana a súa dianteira coas incorporacións de Adri Otero, procedente do Atlético Arteixo, e de Iago Pérez. No capítulo de baixas, o club confirmou a marcha de José Balsa, que, pese a renovar, recibiu a chamada do Bergantiños para xogar en Segunda RFEF. Tampouco continuará Pedro Barbolla.

No Estradense, a única novidade foi a renovación de Hugo López, que seguirá formando parte da parcela ofensiva.

O Lalín, pola súa banda, incorporou catro novos futbolistas: Hugo Padín, procedente do Estradense; Iván Vázquez, do Atlético Arteixo; Adrián Núñez, que chega do xuvenil do Compostela; e Manu Galego, que regresa ao club.

A poucos movementos destes equipos atópase o Alondras, que xa conta con 16 xogadores confirmados tras a renovación de Javi Pereira e as incorporacións de Pablo Marchena, procedente do Moaña, e Marcos Fontán, do Gran Peña.



Novidades no Somozas e a Sarriana

O Somozas incorporou tres novos futbolistas nesta última semana. Chegan Rubo, procedente do Atlético Arteixo; Joel Tenreiro, do xuvenil do Racing de Ferrol; e Juanma Justo, que chega desde o Barco. No capítulo de baixas, José Pérez non continuará no club.

A Sarriana continúa reconstruíndo o seu plantel tras o descenso e confirmou dúas incorporacións. Emmanuel, procedente do Lemos, reforzará a defensa, mentres que Osián, da UD Ourense, chega para fortalecer o ataque.



Apostas pola continuidade

O Antela confirmou catro renovacións de cara á súa primeira aventura na Terceira RFEF. Continuarán Bruno Pío na portería; Couto e Boán na defensa; e o capitán Pedro Castro, que afrontará a súa sétima temporada no club. Pola contra, o dianteiro Raúl Dinís e o centrocampista Hernández non continuarán no equipo.

O Barco tamén confirmou a continuidade de Rabil, Carlos, Cruz, Sidi e Ariel Herrera, ademais da incorporación de Jony, procedente do Astorga. Pola súa banda, o Boiro mantén a Gonzalo Landeira.

Primeiros movementos

O Gran Peña aínda non anunciou oficialmente ningunha despedida, aínda que algunhas xa son coñecidas e foron mencionadas anteriormente. Pola contra, o club confirmou as renovacións de Toni Armada e Landesa, ademais das incorporacións de Alejandro Graña, procedente do Choco; Álex Bouzada, que afrontará no conxunto vigués a súa primeira temporada como sénior; e o dianteiro Martín Martínez, que chega desde o Villalonga.

O Pontevedra B tamén confirmou a continuidade do seu capitán, Sergio Canosa, así como a de Oute, Raúl Gil, Gabri e Xaquín, que seguirán formando parte do equipo tras lograr o ascenso á Terceira RFEF.

O Portonovo tamén deu a coñecer os seus primeiros movementos de cara á nova categoría. Continuará unha temporada máis o corpo técnico, igual que o capitán Eloy Rosal. Pola contra, Lezcano, Keko e Brais non seguirán no club.

Sen novidades no Arteixo

O Atlético Arteixo continúa sen presentar novidades na confección do seu plantel. A entidade ten de prazo ata o 31 de agosto para resolver os impagos denunciados por xogadores e corpo técnico, que decidiron ampliar a data límite antes de iniciar accións legais. Mentres tanto, varios futbolistas da pasada temporada xa emprenderon novos camiños, aínda que o club aínda non oficializou movementos para o novo curso.

Comeza o mercado de xullo

Comeza o quebracabezas da Primeira Futgal: esta

Comeza o mercado de xullo

Comeza o mercado de xullo