# Hashtag

Os Vintage: Pontellas 2018/2019

En FutbolinGalicia non nos olvidamos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros, equipos e demais membros do noso fútbol, é dicir, de todos aqueles que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sea do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega de Os Vintage é o CD Pontellas da tempada 2018/2019, que logrou o ascenso a Terceira División tras ser campión do grupo Sur da Preferente Galicia.

Os nomes do ascenso

Adrián Tielas, Antonio Comesaña, Unai Pedrosa, Antón Alonso, Adrián Santomé, Daniel Álvarez, Pablo Díaz, Pablo Fernández, Pablo Lafuente, Roberto Casal, Miguel Villar, Jonathan Antúnez, Anxo Loureiro, Alberto Barreiro, Brais Bernárdez, Diego Blanco, Elías Ezequiel, Gabriel Leiro, Alejandro Juan, Luis Pozo, Michael García, Hugo Daniel, Samu Fernández, Santi Oitavén, Sergio Gil, Aitor Alfaya, Javi Alonso, Fernando Sánchez, Pablo Soage e Yago González, dirixidos dende o banco por José Luis Curiel, conformaban o cadro de xogadores que saíu campión da Preferente Sur e que por tanto conseguiu o salto de categoría.

Os de San Campio acabaron a competición con 82 puntos tras gañar vinte e cinco partidos, empatar sete e caer derrotado en unicamente seis encontros. Foron o equipo máis goleador do seu grupo con 85 dianas. Yago González foi o killer do equipo con dezaoito tantos, seguido por Fernando Sánchez (15) e Alberto Barreiro (12).



Os Vintage: Pontellas 2018/2019

Os Vintage: Pontellas 2018/2019