# Hashtag
O Estradense celebra unha nova vitoria para volver a postos de playoff.

Dúas xornadas de infarto por diante na Terceira

A Terceira RFEF galega segue ofrecendo emoción ata o final. O empate do Somozas fronte á SD Compostela (1-1) devolveu o liderado ao Arosa, que cumpriu co seu papel ao vencer pola mínima ao Boiro (1-0) na Lomba. A falta de só dúas xornadas, o conxunto arlequinado colócase no máis alto da táboa nun tramo final no que o primeiro posto cambiou de mans de forma constante.

Na terceira posición mantense o Atlético Arteixo, que se repuxo do duro tropezo da pasada semana en Boiro cun triunfo por 1-0 ante o Juventud Cambados. Porén, se algo hai que destacar esta xornada é o bo facer do Estradense, que alcanza os postos de playoff no momento máis importante. O conxunto dirixido por Manuti leva 21 puntos dos últimos 30 posibles, só superado neste rexistro polo propio Arteixo. Iso si, o calendario non dá tregua e terá que enfrontarse ao Compostela no Vero Boquete e ao Barco nas dúas derradeiras xornadas.

O playoff complétao o Racing Villalbés con 49 puntos, a pesar da súa derrota ante o Silva. Por debaixo, a loita está aberta: o Boiro e o Somozas, con 47 puntos, e o Barco, con 46, manteñen opcións nunha zona marcada pola igualdade. O equipo valdeorrés, tras un espectacular tramo nos primeiros tres meses do ano, encadea tres encontros sen gañar.



O descenso, case sentenciado

Na parte baixa, a situación está practicamente decidida. O Barbadás, o Noia e o Juventud Cambados descenderán a Preferente. Pola súa banda, o Silva (32 puntos) e o Viveiro (35) pode que se xoguen a permanencia definitiva nas dúas últimas xornadas, pendentes tamén dos posibles arrastres derivados do máis que probable descenso da Sarriana a Terceira.

O que resta de campionato resultará difícil para ambos equipos. Os mariñáns medirase ao Alondras e ao Compostela, que se xoga o ascenso directo,nas últimas datas, mentres que os coruñeses terán dous duelos directos ante o Noia e o Atlético Arteixo.



Dúas xornadas de infarto por diante na Terceira

Candi, máximo goleador da Primeira Futgal a

Dúas xornadas de infarto por diante na Terceira

Dúas xornadas de infarto por diante na