# Hashtag

O Dépor B reafírmase como o mellor filial de Galicia

O Dépor Abanca B asinou unha tempada histórica proclamándose campión da Terceira Federación e logrando o ansiado ascenso á Segunda Federación. Con este fito, o filial feminino do RC Deportivo da Coruña reafírmase como o mellor equipo de base do fútbol galego, froito dun proxecto sólido e ambicioso que aposta polo talento da casa.

Hoxe en FutbolinGalicia charlamos coa súa xogadora Marta Rico sobre o ascenso e a consecución do título de liga.

O ascenso entre cella e cella

A centrocampista Marta Rico recoñece que o ascenso era un obxectivo claro dende o inicio, pero que o equipo soubo xestionar ben a presión: «Sabiamos que con traballo e esforzo o íamos conseguir. O día do partido saímos como se fora un partido normal, loitamos ata o final e a recompensa chegou grazas ao traballo de todos», explica.



depor b
Ascenso histórico do filial do Dépor. Instagram Dépor

A clave do éxito, segundo Rico, estivo na unión do grupo malia as dificultades: «Foi unha tempada onde tivemos bastantes lesións, pero aínda así o equipo soubo opoñerse a iso. Estou moi contenta co traballo realizado por parte de todas. A unión e o compromiso fixéronnos acadar o obxectivo».

Un título histórico para o Dépor b

O título supón tamén un recoñecemento á calidade do filial e á súa progresión dentro do panorama futbolístico galego: «Para o equipo supón un salto grande e enchenos de orgullo. Levamos estes últimos anos intentandoo. Ademais, ter o primeiro equipo na máxima categoría axúdanos a mellorar e fai que o nivel se vaia igualando».

A celebración, como non podía ser doutra maneira, estivo á altura do logro: «O día do ascenso celebrámolo todo o día e a noite alargouse bastante, pero a festa aínda non rematou de todo e aínda imos facer algunha que outra», confesa entre risas a xogadora.



Unha volta de ensoño para Marta

Un dos momentos máis destacados da tempada foi a vitoria no derbi galego ante As Celtas en Balaídos. Marta Rico, que regresaba tras unha longa lesión de ligamento cruzado anterior, marcou o gol da vitoria no tempo engadido, demostrando que estaba de volta. A isto, súmase agora este título da Terceira Federación e o ascenso a Segunda.

O Dépor Abanca B non só celebra un ascenso, senón que fortalece a estrutura dun club que continúa a apostar decididamente polo futuro do fútbol feminino galego.​

marta rico
Marta Rico posando para FutbolinGalicia. Cedida



O Dépor B reafírmase como o mellor filial de Galicia

Dúas xornadas, unha praza de play-off e

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *