Os dezaseisavos de final da Copa Deputación de Lugo entre equipos de Segunda Futgal e Terceira Futgal trouxeron gran cantidad de goles e emoción. A próxima fin de semana será o turno dos oitavos de final.
A eliminatoria entre Matela e Cabreiros decidiuse nunha interminable tanda de penaltis. O vencedor foi o Cabreiros (11-12 dende o punto fatídico), que se medirá ao Folgueiro, que saíu vitorioso do duelo ante o Celeiro (0-3).
O Cazás avanza no torneo tras impoñerse con claridade ao Cospeito (4-1). O Castroverde será o seu rival despois de eliminar ao Casás, de superior categoría (2-1).
Riotorto e Iberia chocaron nun encontro trepidante que se decidiu a prol dos locais (3-1). A Piringalla impúxose ao Abadín cun solitario gol de Nico Corredoira e avanza tamén aos oitavos (0-1).
O Goiriz elimina ao Celta Barreiros da Copa Deputación lucense nun trepidante encontro
O Goiriz apeou da competición ao Celta Barreiros (5-3) no partido con máis goles da xornada. A Pontenova será o seu rival tras vencer a domicilio na tanda de penaltis ao Catro Roldas (1-1 no tempo reglamentario).
O San Roque continúa a súa boa xeira de resultados e chega aos octavos tras saír vitorioso da súa visita ao Sangoñedo ante o Chantada B (1-3). O Lemos B espera na seguinte rolda tras gañar ao Carballedo por idéntico marcador (1-3).

O Becerreá impúxose ante o Friol (1-0) e o Santa Comba na tanda de penaltis no Castro Seoane ante o Antas (0-0 nos 90 minutos reglamentarios). O Corgo e o Paradela medirán forzas tras pasar as súas respectivas eliminatorias ante Palas (2-0) e Monterroso B (0-3).
Brollón e Páramo tamén conseguiron un billete para os octavos de final. O filial do Taboada caeu ante o Brollón (1-2) e o filial do Chantada Atlético non foi quen de superar ao Páramo (0-4).
Os partidos da rolda de octavos da Copa Deputación de Segunda Futgal e Terceira Futgal disputaranse a fin de semana do 22 e 23 deste mes. A continuación, o planning:

Cabreiros – Folgueiro
Cazás – Castroverde
Riotorto – Piringalla
Goiriz – Pontenova
San Roque – Lemos B
Becerreá – Santa Comba
Corgo – Paradela
Brollón – Páramo
Oito equipos para dous ascensos á Segunda Futgal lucense - FutbolinGalicia
22nd Mar 2025[…] Definidos os oitavos da Copa Deputación lucense en […]