# Hashtag

Así se salvaron o Choco e o Bastavales coa liga xa rematada

O Choco e o Bastavales choraron o descenso a Primeira e a Segunda Futgal, respectivamente, pero esa tristura converteuse en ledicia unha semana despois do remate das súas ligas, ao coñecer que finalmente manterán a categoría. Foi ao prosperar as súas reclamacións, presentadas por dous motivos diferentes que analizamos a continuación.

Os redondeláns descenderan de Preferente nun partido cargado de polémica. “Sen palabras”, publicaran en redes sociais, a modo de crítica ao trío arbitral, por un gol non sinalado e un fóra de xogo inexistente ao seu xuízo.

Con todo, o Choco vai seguir en Preferente. Reclamaron que, no último partido de liga, o Cented saíu a competir ante eles cun xogador do Cented ‘B’ que non era sub-23. Analizada a reclamación, RFGF declarou vencedor do partido ao Choco por tres goles a cero. Tres puntos de ouro para os redondeláns, que suman finalmente 38 e rematan na décimo cuarta posición, fóra do descenso.



Ademais, a Federación impuxo ao Cented ourensán unha multa de 1.950 euros pola «comisión dunha infracción continuada de aliñación indebida en 13 encontros«. Os ourensáns trataran de reducir a multa. Os outros dous afectados, o Juvenil de Ponteareas (que baixa ao salvarse o Choco) e a SD O Val, tamén efectuaron alegacións.

Sálvase o Bastavales

Unha reclamación tamén vai permitir que o Bastavales continúe en Primeira Futgal. Os de Brión dirixíranse á Federación para indicar que o Vista Alegre SD cometera aliñación indebida na última xornada. O Vista Alegre perdía 7-0 ao descanso co Dumbría e xa non saltou ao campo na segunda metade. Saíran a xogar con cinco futbolistas menores de 15 anos.

A RFGF determinou a incomparecencia do Vista Alegre SD, multouno con 1.250 euros e descendeuno a Terceira Futgal. A maiores, anulou todos os resultados que obtivera o cadro santiagués na segunda volta, de xeito que a todos os seus rivais se lle deu o partido por gañado.



Entre eles, ao Bastavales, que perdera 3-4 ante o Vista Alegre. Coa eliminación dos resultados da segunda volta dos de Santa Isabel, o Bastavales suma unha nova vitoria e pasa de 33 a 36 puntos. Iso fai que, en lugar da posición 16, acaben na 13, evitando o descenso, ao que cae o Vea CF.

En todo caso, o club de Brión comunicou que Alberto Fernández ‘Pika’, adestrador do sénior, non seguirá a vindeira tempada tras nove anos no club, en dúas etapas. «Un adestrador de club, compañeiro, amigo e mellor persoa«, destacan dende o Bastavales.



Así se salvaron o Choco e o Bastavales coa liga xa rematada

Xa hai final autonómica da fase de

Así se salvaron o Choco e o Bastavales coa liga xa rematada

Manu Táboas, Céltiga FC: «Aínda non hai

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *