# Hashtag
Balón de fútbol. PEXELS

Catro equipos non logran manterse e regresan á Primeira un ano despois

Foron dous por grupo. O Sporting Celanova e o Tyde no grupo sur, e o Victoria e o Cultural Maniños no norte. Tras a ledicia do ascenso hai un ano, agora viven un momento duro. Non puideron manterse na Preferente e regresan á Primeira Futgal una temporada despois.

Comezando polo norte, o do Maniños foi o primeiro descenso confirmado. Tras acadar o ascenso directo a pasada campaña, ao bordar a temporada e acadar 67 puntos, o salto de categoría foi demasiado grande. Marchan da Preferente co mal sabor de boca de ter logrado só catro vitorias.

Pelexou máis o Victoria CF, que descendeu na última xornada, á que os coruñeses chegaran fóra da zona vermella. Con todo caeron goleados 3-5 co San Tirso, mentres vían como un dos seus rivais directos, o Burela, vencía na casa 6-3 para seguir un curso máis na categoría. O Victoria descendeu cos mesmos 40 puntos que o Sigüeiro, que se mantén, e cun punto menos que o citado Burela, o Pol e o Dubra.



Ata os 43 puntos chegou outro dos equipos que ascendera a pasada temporada, o Dumbría. O Puebla acadou os 48.

Descensos un ano despois

Dende o grupo 2 o Tyde e o Sporting Celanova volven a Primera Futgal. Os dous equipos non foron quen de afastarse dende a xornada 13 do descenso, que se acabou por confirmar no treito final da campaña. Marcou a permanencia o Cented con 34 puntos, mentres que o Celanova, antepenúltimo, fixo 27 puntos, un máis que o Tyde, penúltimo. No descenso tamén acabou o emblemático Choco de Redondela e o Umia.

Dos equipos que lograron o ascenso o pasado curso destaca o papel do Antela, que conseguiu clasificarse ao play-off de ascenso a Terceira RFEF. Tamén conseguiu a permanencia o Alertanavia.



Catro equipos non logran manterse e regresan á Primeira un ano despois

O último baile dos Diferenciais (P. II)

Catro equipos non logran manterse e regresan á Primeira un ano despois

Catro equipos non logran manterse e regresan