# Hashtag

Os Vintage: SD Amanecer 2017/2018

En FutbolinGalicia non nos olvidamos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros, equipos e demais membros do noso fútbol que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sea do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega dos Vintage é a SD Amanecer da tempada 2017/2018, que logrou o ascenso a Preferente.

Os culpables do ascenso da SD Amanecer

Os gardametas Aarón Santamaría, Adrián Garrido e Jorge Esteban; os defensas Ramón Iglesias, Gabriel Rodríguez, Luis Miguel Pazos, Manuel Expósito, Miguel Iglesias e Manuel Rodiño; os centrocampistas Augusto García, David Bistilleiro, Diego Domínguez, Rodrigo Arosa, Félix Aguín, Iñaki Baúlde, Iván Castro, Jorge Pita e Jesús Alberto Vidal; e os dianteiros Daniel Arosa, Jacobo Domínguez, Jorge Aspérez, Ramiro Agra, Roberto Otero e Manuel da Silva gozaron de minutos durante o transcurso do grupo 5 da Primeira Galicia na tempada 2017/2018. O corpo técnico estaba conformado polo adestrador José Ricardo Dios Suárez, o delegado Javier García Domínguez e o axudante sanitario Joaquín Manuel Santiago Seijo.

A SD Amanecer conquistou o título de liga obtendo 70 puntos tras 21 vitorias, 7 empates e 6 derrotas durante os meses de setembro e maio. Foi o equipo máis goleador do seu grupo, tocando o balón a rede da portaría rival ata en 76 ocasións, e o menos goleado, concedendo unicamente 31 tantos. Nas súas filas contaba con Augusto García, autor de 29 goles e pichichi da competición. Roberto Otero, con 11 tantos, foi outra das principais armas ofensivas do equipo do Grove.



A tempada anterior estiveron moi cerca de lograr o ascenso

O ascenso finalmente chegoulle a SD Amanecer en maio do 2018, mais doce meses antes estivo a piques de ser alcanzado. Reinaba a igualdade ao remate da competición no grupo 5 da Primeira Galicia 2016/2017, con ata catro equipos empatados a 65 puntos na parte nobre da táboa. O cuádruplo empate non beneficiaba aos nosos protagonistas, que acabaron cuartos na clasificación.

Un ano máis tarde o fútbol recompensou o bo facer do conxunto de Lampans cun histórico salto de categoría. A SD Amanecer xogaría por primeira vez na Preferente, todo un logro para un conxunto que escapou da Terceira Autonómica cinco campañas antes deste gran éxito.



Os Vintage: SD Amanecer 2017/2018

Os Vintage: SD Amanecer 2017/2018