# Hashtag
VERO BOQUETE

Estes son os campos da Terceira RFEF favoritos dos nosos lectores

En FutbolinGalicia sempre queremos coñecer a opinión dos nosos lectores. Nos últimos días preguntámosvos polos vosos campos favoritos da Terceira RFEF, cando estamos na conta atrás para o inicio desta competición, que botará a andar o 7 de setembro, co calendario xa coñecido.

Tras dúas semanas coa votación aberta e unha vez analizadas as vosas respostas, os datos de Google reflicten que, con moito, o Estadio Vero Boquete de San Lázaro é o gañador desta votación, co 30% dos votos. A SD Compostela de Secho, que parte como gran favorito do grupo, agarda converter a súa casa en todo un fortín e evitar que escapen puntos.

Que o Vero Boquete sexa o voso campo favorito da categoría non colle a ninguén por sorpresa, pois o estadio santiagués viviu grandes momentos e ten unha capacidade superior ao resto. Por iso, as grandes dúbidas estaban en que outros campos acompañarían a este no top 3. Os resultados sinalan que son A Lomba (Arosa) e A Magdalena (R. Villalbés), co 10,5% e o 8,5%, respectivamente.



Resto de campos

A casa do Cambados, Burgáns, recibiu o 7,3% dos votos e A Grela, do Silva, o 6,1%, ao igual que Calabagueiros, campo do Barco. Os estadios do Gran Peña e do Céltiga acumularon o 5,3%.

Os lectores elixen: os mellores campos da Preferente Norte

Tamén coñecemos o calendario completo do grupo norte da Preferente, polo que aproveitamos para dar unha volta polos campos desta categoría. De novo, os lectores de FutbolinGalicia podedes escoller cales son os vosos estadios favoritos.

Imaxe: SD Compostela / Facebook



Estes son os campos da Terceira RFEF favoritos dos nosos lectores

Os adestradores da 25/26 na Terceira RFEF

Estes son os campos da Terceira RFEF favoritos dos nosos lectores

Estes serán os semifinalistas da Copa RFEF