# Hashtag

Aos Diferenciais só lles resta un último baile (P. II)

Só restan 90 minutos para rozar a gloria, ou ben caer no intento. Ese pode ser o pensamento maioritario nas cabezas dos xogadores que están a disputar estes play-off de ascenso. Un disparo, unha oportunidade, tal e como reza a canción “Lose Yourself”, onde Eminem non puido resumir mellor este tipo de situacións. Falta unha semana para a resolución destas eliminatorias mais, a primeira manga xa agasallou aos afeccionados ao fútbol rexional cunha xornada cargada de actuacións Diferenciais.

Que pasou ao norte da Segunda Futgal?

Ninguén está disposto a renderse sen loitar antes, tal e como se está a ver na pelexa por subir aos grupos de Primeira Futgal da zona norte.

A sorpresa da xornada tivo lugar en Cepelo, onde o San Sadurniño se impuxo por un axustado 0 a 1 ao Agrón-Barcala. A Fer bastoulle menos dun cuarto de hora para facer o primeiro da tarde e silenciar aos afeccionados amarelos e negros desde o punto fatídico. Con todo, o conxunto de Ames soubo encaixar o golpe e reaccionou rapidamente con varias aproximacións, sen sorte de cara á porta. O guión non mudou na segunda metade e os homes de Nesy Otero aguantaron o tipo para levarse a vantaxe a Ferrolterra. Agora, cómpre facerse fortes no campo da Piscina para lograr o tan ansiado ascenso.



Once titular do San Sadurniño nun partido desta temporada. FOTO: CF SAN SADURNIÑO

Tamén fixo os deberes o Xuventude Dorneda, logo de bater por dous goles a un ao Lemos B. O filial mofortino pagou caro o mal inicio de encontro, pois o seu rival sacou dous goles de renda nos primeiros quince minutos. Fixeron o primeiro nun córner e, acto seguido, aumentaron a súa contía grazas a un contraataque culminado por Gabi. Chegado a mediados deste curso futbolístico, o centrocampista leva xa quince tantos desde a súa chegada á Marola. Os de Yesi Vázquez espertaron pouco antes de chegar ao tempo e lecer, reducindo a diferenza a unha única anotación. Sen variacións na segunda metade, o choque finalizou con vitoria para un Dorneda que ten ante si a oportunidade de subir de categoría.

Que pasou ao sur da Segunda Futgal?

Tamén houbo marcadores apertados na zona sur. Non é para menos, pois calquera dos participantes nesta fase da temporada é consciente do que hai en xogo.

Sufriu, pero o Soutomaior non se deixou levar polos nervios e remontou o seu enfrontamento ante o Romai (1-2). Aínda non rematara de asubiar o colexiado cando a escuadra de Portas abriu a lata, poñendo en pé a toda a bancada do Velódromo. A cousa non quedou aí e seguiron a atacar á procura dunha nova diana que se lle resistiu durante os 90 minutos. Froito dese esforzo incesante por poñer terra de por medio, comezaron a resentirse no aspecto físico. Foi entón cando o Soutomaior aproveitou o esgotamento dos xogadores branquiazuis para, primeiro, igualar a contenda e, xa na prolongación, culminar a remontada grazas ao bo facer de Joaquín Muíños. O canteirán asinou o segundo gol dos seus nun partido que, de seguro, non esquecerá na súa traxectoria como futbolista.



Que son os Diferenciais?

Os Diferenciais de FutbolinGalicia son eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.

Cada xornada, a Primeira Futgal deléitanos con máis de medio cento de partidos. Como ter ollos en todos e cada un dos campos é imposible, agardamos a vosa participación para completar a listaxe dos Diferenciais.

Podes poñerte en contacto con FutbolinGalicia a través de X ou de Instagram.



Aos Diferenciais só lles resta un último baile (P. II)

Aos Diferenciais só lles resta un último

Aos Diferenciais só lles resta un último baile (P. II)

Aos Diferenciais só lles resta un último