# Hashtag

Xa coñecemos o calendario da Terceira Federación 2025/26

A Real Federación Galega de Fútbol fixo oficial o calendario da Terceira Federación de Fútbol Feminino para a tempada 2025/26. A competición para as galegas contará cun único grupo formado por 12 equipos, que loitarán polo ascenso e tratarán de evitar o descenso durante 22 xornadas, entre o 21 de setembro de 2025 e o 26 de abril de 2026

Os equipos participantes

Estarán na loita por esta edición os seguintes equipos:

EFM Concello de Boiro



RC Celta “B”

PM Friol

Orzán SD



Victoria CF

Sárdoma CF

Tomiño FCF



Domaio FC

SD O Val

Victoria FC

Lóstrego CF

Bergantiños CF



O formato da competición

O campión de grupo terá dúas opcións de ascenso á Segunda Federación:

  • Ascenderá directamente se é o mellor primeiro dos 18 grupos estatais.
  • No resto dos casos, xogará un playoff de ascenso a dobre partido contra outro campión doutra territorial.

Pola parte baixa, os equipos que rematen nas dúas últimas posicións descenderán de categoría.



Primeira xornada e datas clave

A liga comezará o 21 de setembro coa seguinte xornada inaugural:

  • RC Celta B – Orzán SD
  • Lóstrego CF – Sárdoma CF
  • SD O Val – Domaio FC
  • Tomiño FC – Victoria FC
  • Victoria CF – Bergantiños CF
  • EFM Concello de Boiro – PM Friol

Fin da fase regular: 26 de abril de 2026

Playoff de ascenso: 3 e 10 de maio de 2026

Xa coñecemos o calendario da Terceira Federación 2025/26

Os incendios da provincia de Ourense tamén

Xa coñecemos o calendario da Terceira Federación 2025/26

Decididos os finalistas da Copa RFEF galega