# Hashtag

A última decisión téñena os Diferenciais da Primeira Futgal

Rematou xaneiro e con el van xa cinco meses de competición. Así e todo, o avance das xornadas non impide que a Primeira Futgal navegue na incerteza clasificatoria. A súa competitividade e o bo rendemento dos diferentes equipos invita ao afeccionado a desfrutar dunha competición onde non hai nada decidido polo momento. Un espectáculo futbolístico onde os seus xogadores máis Diferenciais serán os que marquen o devir da categoría.

Sen traballo non hai recompensa

Sacar os tres puntos no grupo herculino non é unha tarefa doada para ningún dos conxuntos e proba disto os cinco empates desta xornada. Tamén houbo quen se levou o gato á auga, aínda que non foi sen esforzo e tesón.

Por exemplo, o As Pontes superou por dous goles a cero ao Sporting Cambre e saíu así da súa mala xeira. O cadro do Poboado saíu enchufado ao terreo de xogo e fixo o primeiro da tarde aos tres minutos de ter comezado o choque. Unha vez por diante, os de Joaquín Breijo souberon xestionar o ritmo de xogo, contendo as ofensivas do seu rival ata que Elías asinou o segundo e definitivo tanto. Procedente do xuvenil B do Lugo, o atacante está a exercer un papel clave na ofensiva dos seus, que se sitúan con este triunfo a cinco puntos da salvación.



Ao Meirás tamén lle saíu a xornada redonda, pois venceu por un contundente 3 a 0 ao Oza Xuvenil. Se ben a primeira metade non contou con aproximacións por parte dos dous equipos, todo mudou tras o paso polos vestiarios. Conseguiron adiantarse dous minutos despois de volver ao terreo de xogo e, non contentos con iso, puxeron terra de por medio cun dobrete de Rubio. O killer do Misael Prieto volveu probar a súa calidade contribuíndo coas súas dianas aos obxectivos dun Meirás cuxa meta non é outra que o play-off.

Máis axustado foi o triunfo do Relámpago ante o Cedeira, a quen se lle escapou o partido nos intres finais (2-1). Os de Elviña foron os primeiros en golpear aguantando a súa vantaxe até o treito final. Foi entón cando as ‘cebras’ igualaron a contenda ao aproveitar unha pena máxima. Pero o combinado de amarelo e negro aínda tiña un as na manga e, xa na prolongación, volveu tomar a iniciativa grazas ao bo facer de Habib. Home gol dos coruñeses, o extremo dereito suma con este o seu sétimo tanto na presente campaña, onde se está a revelar como un dos xogadores a ter en conta na categoría.

A Costa manda

Aínda queda moito por dicir no grupo 2, onde ninguén vai baixar os brazos ata a chegada do mes de maio. Ben sexa loitando pola permanencia ou polas prazas para disputar o play-off, a xente da Costa non vai agasallar tan sequera un punto.



Pese a non xogar en Arliña, o Muxía non tivo problema para impoñerse por dous goles a un ao Boimorto. Os homes de Marc Vidal resistiron as ofensivas locais ata que Carlos abriu a lata á media hora de encontro. Trátase da terceira anotación do ano para o defensor dumbriés, toda unha ameaza para os rivais cando se incorpora ao ataque. Chegados á segunda metade, o equipo da Costa ampliou a súa renda desde o punto fatídico. Pero non hai vitoria fácil e o Boimorto recortou distancias nos últimos minutos, aínda que non lle serviu para remontar o duelo.

En Arasolís celebraron por todo o alto o +3 do Fisterra ante o Tordoia (2-0). Ambos conxuntos saíron ao verde coa necesidade de gañar e así llelo transmitiron aos seus afeccionados. Despois dunha primeira parte trabada e onde a igualdade de fixo co protagonismo do encontro, Isaac saíu ao rescate do conxunto verde. En apenas sete minutos firmou un dobrete para certificar a vitoria dun Fisterrra que colle aire na súa pelexa por evitar a queima do descenso.  

Os xogadores do Fisterra celebran o tanto anotado por Isaac. FOTO: SD FISTERRA

Por outra banda, a sorpresa da xornada saltou en Santa Isabel, onde a Esteirana derrotou por 1 a 3 ao Racing San Lorenzo. Só pasaran vinte minutos cando o cadro de Adán Vara se fixo coa iniciativa no marcador. Así e todo, a ledicia duroulles pouco, pois o seu rival reequilibrou a balanza pouco antes do tempo de lecer. Co paso dos minutos, os de Esteiro subiron as súas prestacións ofensivas e froito desa insistencia chegaron os tantos. Primeiramente fixeron o 2-1 na prolongación e, minutos despois, Antón puxo a sentencia cun terceiro e definitivo gol.



Dous aspirantes e un destino

A diferenza de puntos entre Chantada e Residencia e o resto da liga medra a cada semana en terras lucenses. E é que poderíamos dicir perfectamente que o ascenso á Preferente Futgal xa é cousa de dous.

O Chantada endosoulle un 5 a 1 ao Lourenzá e continúa aferrado ao liderado. Aínda non rematara de asubiar o árbitro cando Damián adiantou aos de Sangoñedo. A escuadra de ‘Traste’ non tardou en facer o segundo, pero os fabeiros non baixaron os brazos e reduciron a diferenza á media hora de encontro. Ao regreso da caseta, o Chantada volveu á carga e acabou coas esperanzas do cadro de Rubén Acebedo. Boa parte de culpa tivo Damián, quen volveu ver porta para selar unha magnífica actuación individual aderezada cunha dupla de goles.

Castro e Rácing Vilalbés B asinaron táboas ao empatar a dous tantos no anexo do Arturo Pereiro. Os de ‘Dumi’ presentáronse no derbi chairego con numerosas baixas e acusaron a falta de efectivos durante a primeira hora do partido. Cun 0-2 en contra conseguiron reaccionar e aproximarse no electrónico para, a falta de 10 minutos para o remate, lograr o empate nunha boa acción culminada por Muíña. O central lucense salvou un punto vital para o Castro, que precisa volver á senda da vitoria para asegurar a permanencia canto antes.

A ese camiño retornou o Atlético Escairón logo de gañarlle ao Chantada Atlético nunha disputa apertada como poucas (3-2). A pesar de comezar por debaixo, os celestes recuperaron o control furando a meta rival ata en tres ocasións. O tanto da remonta foi obra dun Tagüi que se estreou como goleador por todo o alto. Pouco importou que os pupilos de Ivi López se achegaran cunha segunda diana, pois o Escairón soubo xestionar o ritmo de xogo para levarse os tres puntos por vez primeira neste 2026.

Que son os Diferenciais?

Os Diferenciais de FutbolinGalicia son eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.



Cada xornada, a Primeira Futgal deléitanos con máis de medio cento de partidos. Como ter ollos en todos e cada un dos campos é imposible, agardamos a vosa participación para completar a listaxe dos Diferenciais.

Podes poñerte en contacto con FutbolinGalicia a través de X ou de Instagram.



A última decisión téñena os Diferenciais da Primeira Futgal

Juanín, Sport Team Estrada: «Creo que o

A última decisión téñena os Diferenciais da Primeira Futgal

A última decisión téñena os Diferenciais da