# Hashtag
Celebración gol Choco

Choco: cambio de adestrador e alento da afección para obter a salvación

O Choco atópase décimo cuarto a falta de seis xornadas para o remate da competición no grupo 2 da Preferente. A pasada fin de semana logrou saír dos postos de descenso tras empatar no campo do Atlético Arnoia. O recente cambio de adestrador busca ser un impulso de cara a permanecer nunha categoría que estiveron a piques de deixar, por méritos deportivos, a tempada pasada.

Novo técnico, na súa segunda etapa no Choco, desde a semana pasada

Juan Carlos Amoedo asume as rendas do equipo, substituíndo a Félix Rial, coa clara intención de manterse na Preferente. O primeiro paso foi saír dos postos de descenso tras o mencionado empate diante do Arnoia. Por diante seis xornadas de traballo e ilusión para conseguir o obxectivo da permanencia. 

Juan Amoedo asume o reto de lograr a salvación Twitter CD Choco
Juan Amoedo asume o reto de lograr a salvación Twitter CD Choco

A importancia de Santa Mariña nun tramo final con duelos ante equipos que loitan polo play-off de ascenso

Xogar como local sempre é un plus polo alento que proporciona a afección, que de seguro farase notar nas catro xornadas que o Choco disputará no seu feudo. Santa Mariña será testigo dos duelos ante Cultural Areas e Beluso, que loitan polas prazas de play-off de ascenso a Terceira RFEF. Pontevedra B e Cented Academy, na parte media da táboa, son os outros conxuntos que visitarán Redondela. Porriño Industrial e Céltiga son os rivais que o Choco terá a domicilio. O Porriño atópase nunha situación clasificatoria relativamente tranquila, mentres que o Céltiga ocupa a terceira posición.



Situación moi distinta a da tempada pasada 

O Choco finalizou a fase regular do curso 2023-2024 en terceira posición, cos mesmos puntos que un Valladares, segundo, que acompañou ao Villalonga no salto de categoría a Terceira RFEF. A situación e o obxectivo, doce meses despois, son moi distintos. 

Choco: cambio de adestrador e alento da afección para obter a salvación

Como funcionan as cámaras verdes que hai

Choco: cambio de adestrador e alento da afección para obter a salvación

O terceiro tempo. Episodio 28

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *