# Hashtag

Alejandro Sierra, Combarro: «Somos moi optimistas de cara ao ascenso»

Alejandro Sierra Villarreal é o pichichi do grupo 1 da Terceira Futgal de Pontevedra. Os seus 41 goles en 21 partidos definen ás claras a súa importancia para o Atlético Combarro, que se atopa primeiro e invicto a falta de tres xornadas. O ascenso directo está a un paso, mais o Cruceiro atópase unicamente a tres puntos. Falamos con Sierra sobre as súas cifras goleadoras, o rendemento do equipo e a ilusión de poder conseguir o salto de categoría.

FutbolinGalicia (en adiante FIG): Levas 41 tantos esta tempada. Como valoras esta gran cifra goleadora?

Alejandro Sierra (en adiante AS): «A verdade é que están a entrar tódalas oportunidades que teño. É unha sorte para o equipo.»



FIG: O Atlético Combarro é primeiro, sen perder en 25 xornadas. Esperabas este rendemento do equipo?

AS: «Persoalmente si que o esperaba. Mantívose, na súa gran maioría, o grupo do ano pasado que descendeu porque todos queriamos devolver ao Atlético Combarro a Segunda para continuar crecendo. Nótase que nos coñecemos todos moi ben.»

Sierra celebra un dos seus 41 goles con tres compañeiros



FIG: Que destaca Sierra do Atlético Combarro?

AS: «A capacidade de sacrificio de todos e cada un dos meus compañeiros, así como a súa implicación en tódolos aspectos.»

FIG: Cal é a filosofía futbolística do Combarro?



AS: «Unha mestura de todo. Agora gústanos ter o balón e a maioría dos goles veñen de centros por ambas bandas. Tamén somos verticais e convertimos en gol moitas contras.»

FIG: Aínda con estes números tan bos, o ascenso non está cerrado. Reina o optimismo de cara a logralo?

AS: «Somos moi optimistas. Hai que traballar todos os domingos mais confío nos compañeiros, corpo técnico, directiva e, especialmente, na afección que nos apoia todas as fin de semanas.»

FIG: Tes especial respecto ou ganas por algún partido dos tres que restan?

AS: «Quizais o que máis respecto me dá é o encontro ante o Figueirido. Sempre que fomos ao seu campo complicáronnos. Elen saben e están acostumados ás dimensións, nós non posto que A Seca é dos máis grandes da categoría. Aínda que calquera dos tres partidos que restan foron difíciles na primeira volta, especialmente Barro e Cotobade.»



Alejandro Sierra, Combarro: «Somos moi optimistas de cara ao ascenso»

A xornada aprazada engade aínda máis emoción

Alejandro Sierra, Combarro: «Somos moi optimistas de cara ao ascenso»

O terceiro tempo. Episodio 30

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *