# Hashtag

Os Vintage: Atlético Arteixo 2003/2004

É mércores, día dos Vintage! Hoxe repasaremos a campaña 2003/2004 do Atlético Arteixo, que acabou cos nosos protagonistas logrando un histórico ascenso á extinta Segunda División B eliminando na última ronda do play-off a un histórico como o Oviedo.

Os nomes do ascenso

Carou, Repi, Carlocho, Cardelle, Javi, Adolfo, Juanjo, Isaac, Pugui, Marcos, Lemos, José Ramón, Félix, Manolo, Adriano, Fafián, Manuel, Chechu, Justino, Aless, Jorge, Javi Villar, Óscar, Bóveda e Brais conformaban o cadro de xogadores que fixo historia co Atlético Arteixo durante o curso futbolístico 2003/2004. Ata tres adestradores tivo o banco dos raposos na citada tempada: José Ramón, Ramiro e Brizzola.

Nunha Terceira División de vinte equipos e con transatlánticos como o Deportivo B, o Lugo, o Cerceda ou o Coruxo, o Arteixo rematou a fase regular en segunda posición con 73 puntos. Foi o equipo máis goleador do seu grupo (70) e o terceiro que menos encaixou (35). Os de Ponte dos Brozos adquirían desta maneira o dereito a pelexar polo ascenso no play-off.



O Atlético Pinto foi o rival nas semifinais da promoción, empatando sen goles no partido de ida en terras madrileñas. Unha semana despois repetiuse o mesmo resultado ao término dos noventa minutos reglamentarios. Manolo e Isaac, ambos na prórroga, metían ao Atlético Arteixo na final da promoción, onde esperaba o Oviedo.

Un ateigado Ponte dos Brozos levou en volandas ao seu equipo na ida da final ante o Oviedo. O partido rematou con vitoria galega por 1-0 grazas a un tanto de Carlocho no minuto 50. O salto de categoría estaba a 90 minutos e decidiriase no Carlos Tartiere, un estadio que cinco anos antes acollía partidos da máxima división do fútbol estatal.

Un día para a historia do Atlético Arteixo

Pugui adiantou ao Arteixo no 53´, dando tranquilidade aos de Brizzola. Aliaga empatou no 55´, mais Pugui, tras unha gran xogada de Marcos Suárez, adiantou de novo ao Arteixo. Cervero e Granada déronlle a volta ao marcador para un 3-2 final, suficiente para que os raposos lograsen o obxectivo polo valor dobre dos goles fóra da casa. O ascenso xa era unha realidade. O Atlético Arteixo acababa de facer historia e a festa non facía máis que comezar!



Os Vintage: Atlético Arteixo 2003/2004

Aos Diferenciais aínda lles quedan folgos (P.

Os Vintage: Atlético Arteixo 2003/2004

Os Vintage: Atlético Arteixo 2003/2004