# Hashtag

O Marín non baixa o listón: Gegunde lidera un mercado de ambición

O Marín xa deixara claro a pasada tempada que ía con todo. O conxunto de San Pedro armou un dos cadros de persoal máis potentes da Primeira Futgal e acabou cumprindo o obxectivo do ascenso a Preferente.

Lonxe de relaxarse tras recuperar a categoría, o club volve amosar ambición neste mercado estival. A entidade marinense anunciou xa varias incorporacións chamadas a dar un salto de calidade ao equipo.

O movemento máis destacado leva o nome de Santi Gegunde. O seu fichaxe supón un importante golpe no mercado para un Marín que volve deixar claras as súas intencións de competir ao máximo nivel desde o seu regreso a Preferente.



Chega procedente da SD Sarriana, coa que competiu a pasada tempada en Segunda Federación, e achega unha ampla traxectoria no fútbol galego tras defender tamén as camisetas de equipos como Arosa, Racing Villalbés, Somozas, Compostela, As Pontes ou Narón.

Outra das novidades é a incorporación definitiva de Antón de Vicente. O futbolista chegou para disputar a fase de ascenso e continuará formando parte do proxecto e achegando a súa experiencia e bo facer de maneira permanente.

Os movementos do Marín

A portería contará cunha nova incorporación coa chegada de Andrés Álvarez, gardameta procedente do Gran Peña, mentres que o centro do campo reforzarase con Anxo Martínez.



No capítulo de renovacións, o Marín CF asegurou a continuidade de Guille Rodríguez e Churre, dúas pezas importantes dentro do bloque que conseguiu o ascenso.

En canto ás saídas, non seguirán no equipo Jacobo Millán, Joaco, Saúl e Nico, que poñen fin á súa etapa na entidade marinense.



O Marín non baixa o listón:  Gegunde lidera un mercado de ambición

Sen grupos nin calendarios oficiais os clubs

O Marín non baixa o listón:  Gegunde lidera un mercado de ambición

O Marín non baixa o listón: Gegunde