# Hashtag

Os Difeferenciais tamén brillan nas copas (P. II)

Botabades de menos a sección? Non hai problema, porque os Diferenciais están de volta en FutbolinGalicia. Rematada a Primeira Futgal, os afeccionados ao fútbol rexional encamiñamos a nosa ollada cara ás Copas que se están a disputar por todo o ancho do país. Moitas delas puxeron o seu punto e final nesta pasada fin de semana e, polo tanto, aquí vai o repaso máis agardado desas competicións.

Alegría en terras amuralladas

Xe se coñecen os finalistas da Copa Deputación de Lugo, mentres que o Xermade se proclamou campión na edición do torneo onde compiten equipos de Segunda e Terceira Futgal, 

Por un lado, o Ribadeo accedeu á final pola vía rápida ao derrotar con contundencia ao Atlético Escairón (3-0). A pesar do avultado do resultado, ambas escuadras protagonizaron un inicio moi parello. Iso si, os homes de Dani Moirón petaron con maior insistencia na porta rival e inauguraron o marcador a piques de chegar ao descanso. Á súa volta, Mario ampliou a renda para os celestes, pondo terra de por medio entre eles e o conxunto do Saviñao. Central. pero con alma de atacante, o defensor asturiano non se conformou e, xa no engadido, sentenciou ao Atlético Escairón cun segundo gol.



O Ribadeo non gaña a Copa Deputación desde 2019 e, se quere facelo este ano, deberá derrotar a un Guntín que accedeu á última rolda ao vencer ao Monterroso na quenda de penaltis (0-0). Íker foi a gran figura dos de Germán Campos, mantendo a súa porta a cero durante os 120 minutos regulamentarios e parando, ademais, dúas penas máximas.

Máis apertada estivo a cousa en Sangoñedo, onde o Xermade se impuxo por un gol a cero ao Ferreira, alzándose coa primeira Copa Deputación da súa historia. A intensidade foi unha constante desde os primeiros minutos dun duelo que tivo como gran protagonista a Álex Gimeno. Unha vez máis, o atacante chairego volveu ser chave para asegurar o triunfo dos seus, facendo o único gol da tarde na ribeira do Asma. Co paso do tempo, os de Pantón avanzaron as súas liñas na busca da igualada, pero esta xamais chegou e o Xermade conseguiu o seu primeiro torneo do K.O.

E polas Rías Baixas que?

Sen fútbol copeiro en Ourense, a provincia de Pontevedra pecha este particular repaso á xornada da fin de semana. Por unha banda, temos vencedor na súa Copa Deputación e, por outra, comezou tamén a Copa Delegación de Vigo.



Portonovo e Alertanavia fimaron táboas ao empatar a 0, pero os de Baltar saíronse coa súa na quenda de penaltis. A Seca encheuse de seareiros arlequinados para apoiar aos seus, como tamén fixeron os afeccionados vigueses cos homes de Andrés Calderón. No terreo de xogo, a cousa non puido estar máis apertada, con ocasións claras para uns e outros. Pola parte do combinado do Salnés, Diego Dadín encargouse de poñerlle o peche á súa meta con intervencións moi destacadas. O seu papel contribuíu de maneira significativa ao aguante dun Portonovo que se amosou máis eficaz desde os 11 metros. Boa parte de culpa tivo Dadín, quen parou un dos lanzamentos para darlle a vitoria á parroquia branquiazul.

Eloy levanta a Copa Deputación de Pontevedra xunto aos seus compañeiros do Portonovo. FOTO: PORTONOVO SD

Para espectáculo de goles o vivido na Pirucha, onde o San Miguel bateu por seis goles a cinco ao Santa Mariña. Se ben a primeira metade foi máis curta en canto ao volume de tantos, o guión mudou por completo nos seguintes 45 minutos. Nese espazo, Hugo Barcia asinou un póker para darlle o pase á seguinte rolda aos seus. E é que cando o centrocampista se atopa no verde, faise notar. Basta ver as súas cifras nesta temporada, onde xa leva 29 dianas, cinco máis que o número de partidos xogados en total.

Que son os Diferenciais?

Os Diferenciais de FutbolinGalicia son eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.



Cada xornada, a Primeira Futgal deléitanos con máis de medio cento de partidos. Como ter ollos en todos e cada un dos campos é imposible, agardamos a vosa participación para completar a listaxe dos Diferenciais.

Podes poñerte en contacto con FutbolinGalicia a través de X ou de Instagram.

Os Difeferenciais tamén brillan nas copas (P. II)

Os Difeferenciais tamén brillan nas copas

Os Difeferenciais tamén brillan nas copas (P. II)

Os Difeferenciais tamén brillan nas copas (P.