# Hashtag

Mapa: O 75% dos concellos galegos tiveron representación nas ligas sénior

Repasamos o fútbol galego dende arriba cara a abaixo, dende LaLiga ata a Terceira Futgal, para coñecer como se reparten no mapa os máis de 500 equipos sénior masculinos inscritos en Galicia na temporada 2024/25 que estamos a piques de rematar.

Dunha rápida análise tírase que case o 75% dos concellos galegos contaron con, polo menos, un equipo en competición este curso. Son Vigo, con 28 conxuntos, e A Coruña, con 27, os municipios á cabeza en número de participantes.

Ourense (13 equipos), Santiago de Compostela (12) e Lugo (11) completan un top 5 no que non figuran nin Pontevedra (8) nin Ferrol (4). A cidade departamental é, de feito, superada en número de conxuntos en competición por unha morea de concellos, como Oleiros, Ribeira, Vilalba, Boiro, Teo, Arteixo ou Sanxenxo, por citar algúns.



Un mapa desigual

No fútbol, como en tantos outros aspectos, o mapa galego tamén presenta desigualdades e tende cara a unha maior concentración cara ás zonas costeiras e as áreas das sete grandes cidades do país.

Case a totalidade dos concellos da liña de costa contaron con equipo ou equipos esta temporada. En cambio, hai un gran baleiro na montaña luguesa que só racha a participación en Segunda Futgal do Becerreá. Tamén escasea o fútbol na parte suroriental da provincia de Ourense.

Prema aquí se non pode ver correctamente o mapa



*O mapa foi elaborando tras repasar as clasificacións das diferentes categorías do fútbol sénior masculino. En caso de erro, podes facérnolo saber a través das nosas redes sociais.

Mapa: O 75% dos concellos galegos tiveron representación nas ligas sénior

Camiño a Segunda RFEF: primeiro asalto para

Mapa: O 75% dos concellos galegos tiveron representación nas ligas sénior

José Batallón, CJ Cambados: «Creo que a

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *