En FutbolinGalicia non nos esquecemos deses equipos que fixeron unha tempada espectacular nas categorías do noso fútbol! Hoxe repasaremos a campaña 2017/2018 da SD Agolada, que ascendeu a Preferente tras ser campión do grupo 2 da Primeira Galicia con 73 puntos, 60 goles a favor e 29 encaixados.
Os nomes propios do ascenso
Álex González, Rafa Reboredo, Alexandre Diéguez, Rubén Varela, Gabriel Silva, Daniel Jacobo, Miguel Vázquez, Álex Rivas, Rubén Arean, David García, Diego Peyret, Guillermo Fernández, José Luis Otero, Leonel Alejandro López, Miguel Díaz, Bryan Vázquez, Santi Castro, Víctor Manuel Tarrío, Aitor Hurtado, Brais González, Jonathan Ramón Centeno, José Gil, Pablo Castro e Pablo Manuel Rodríguez conformaban o cadro de xogadores que logrou o ascenso, liderados dende o banco por Luis González Pichel.
Alexandre Diéguez anotou 13 goles na fase regular da Primeira Galicia 2017/2018, sendo o máximo goleador do equipo dezano. Jonathan Ramón Centeno, con 12, e Aitor Hurtado, con 10, completaron o top-3 anotador do conxunto do Municipal de Hospitalillo.
O día do ascenso
O 13 de maio do 2018, na Fieiteira, os dezanos visitaban ao Atlético Riveiro co obxectivo de lograr o salto de categoría. Preto de 200 afeccionados viaxaron en bus e vehículos particulares para dar folgos ao seu equipo. E funcionou! Os goles de Jonathan Ramón e de Bryan Vázquez, para un 0-2 final, deron a vitoria, o campionato de liga e o ascenso á SD Agolada.
Actualidade da SD Agolada
Hai escasos 10 días remataba a tempada no grupo 5 da Primeira Futgal, categoría na que competiu o noso equipo protagonista nesta campaña 2025/2026. Con 21 puntos, 35 goles a favor e 74 encaixados, a SD Agolada non foi capaz de lograr a permanencia e perdeu a categoría. Quen sabe se o vindeiro curso futbolístico traerá outro ascenso para este histórico? O céspede dictará sentenza!





















































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































