A xornada 29 no grupo galego da Terceira RFEF deixou importantes resultados, sobre todo na parte baixa da táboa, onde Valladares, Barbadás e Somozas sumaron de tres para coller folgos na loita pola salvación. De vital importancia era o encontro que tiñan por diante os primeiros en San Pedro e cumpriron (0-1). Pola súa banda, os ourensáns fixéronse co partido fronte ao Viveiro, outro dos seus rivais directos, grazas a un gol de Pablo Nogueiras no último suspiro e levan xa catro xornadas invictos.
Caso á parte é a vitoria do Somozas no Manuel Candocia contra o Atlético Arteixo. O conxunto adestrado por Stili non gañaba dende o 16 de xaneiro. Volven sorrir case tres meses despois.
No outro extremo da táboa, a UD Ourense non logrou sumar os tres puntos e colleitou na súa visita ao Gran Peña o seu segundo empate consecutivo (1-1). Suficiente para conservar a vantaxa na táboa, xa que o seu principal perseguidor, o Villalbés, fixo o mesmo no Morrazo, un dos campos máis difíciles da categoría, diante do Alondras (0-0).
Peligra o play-off para a Sarriana?
Quen si aproveitou a xornada foi o Estradense, que venceu por 2-1 ao Betanzos e xa se coloca a tan só dous puntos do segundo posto. A Sarriana perdeu o rumbo nos últimos cinco encontros e pon en entredito a súa participación nos play-off logo de caer outra vez na Ribela a pesar de comezar gañando. O Noia dá un golpe enriba da mesa e asegura virtualmente a salvación ao superar os 40 puntos.
Resultados completos da xornada 29:
- Alondras 0-0 Rácing Villalbés
- Estradense 2-1 Betanzos
- Boiro 1-1 Arosa
- Barbadás 1-0 Viveiro
- Gran Peña 1-1 UD Ourense
- Villalonga 0-1 Valladares
- Somozas 1-0 Atlético Arteixo
- Sarriana 1-3 Noia
- Silva 1-0 Polvorín
Foto de portada: UD Somozas
