# Hashtag

Os Diferenciais da Primeira Futgal co ascenso do Antela a Preferente

Momento de buscar os Diferenciais de FutbolinGalicia da Primeira Futgal logo dunha xornada que deixa o ascenso do Antela dende o grupo ourensán. O conxunto de Xinzo de Limia goleu 4-0 ao Muíños para selar o seu regreso a Preferente un ano despois. Xabi Lamas abría o marcador aos oito minutos de partido e poñía en pé o campo da Moreira.

Tamén golearon os dous equipos que están en postos de play-off. Dunha banda, o Celanova (segundo), superou 5-0 ao Nogueira, con Javi Gallego facendo o primeiro. Mesmo resultado obtivo o Polígono (terceiro) no campo do Melias. No minuto 22, Jota anotaba o 0-1.

Esta fin de semana estabamos pendentes doutro posible ascenso, o do Tyde, no grupo 6. Pero o Guardés frustrou os plans dos tudenses ao gañarlles 3-0. Os goles fixéronse agardar ata o minuto 80, cando David Magallanes anotaba o primeiro para os da Sangriña. Aproveita este resultado o Alertanavia para recurtar distancias ata os seis puntos. O equipo de Vigo superou 1-3 ao Erizana con dobrete de David Somoza, máximo goleador do grupo, con 25 dianas. Tamén asinou dous goles esta xornada Adri Campos, fundamental para que o Tomiño rescatase un punto diante do Mos.



Perderon os líderes do grupos 1 e 2

Perdeu a Cultural Maniños, que, malia todo, non cede o liderado do grupo 1. Víronse superados 2-3 por un Orillamar que ocupa o segundo posto de play-off. O ‘Orilla’ remontou o 2-0 inicial e foi Brais Seijal quen iniciou esa remonta no Pote. A Cultural Maniños queda empatada a 61 puntos co Victoria CF, que mallou 6-0 ao Eume Deportivo. Oski fixo catro goles. Na parte baixa, o Galicia de Caranza soña coa permanencia. Venceron 4-1 ao Ural, con Pablo Martínez abrindo a goleada aos 22 minutos.

Tamén perdeu o que era líder do grupo 2. O Club do Mar (72 puntos) caeu ante o Dumbría (73 puntos) e cédelles o liderado, precisamente, aos do Conco. O Dumbría impúxose na Laracha 0-2, sendo Xabier Castro o autor do primeiro, que chegou a falta de pouco máis de 20 minutos. Todo queda por decidir nas últimas tres xornadas. O Calo asalta a quinta posición ao vencer 4-2 ao Castriz con dobrete de Brais Bures. Na parte baixa, o Bertamiráns deu un paso de xigante de cara á salvación e o Bastavales sae de descenso ao superar ao Agolada con gol de Rubén Portos.

O Burela quere seguir ao Antela

No grupo lugués, o líder Burela goleou 3-0 ao Santaballés, con Jairo López entre os goleadores, e xa ten seis puntos de vantaxe ante a Residencia, que perdeu ante o Castro 0-3. Precisamente, do equipo de Diego Pardeiro entra nesta listaxe dos Diferenciais Hugo Buide, autor de dous dos goles. Dobrete fixo tamén Sergio Cora na vitoria a domicilio do Xove Lago ante o Lourenzá.



Finalmente, no grupo 5, o Puebla xa está ascendido e colleitou unha nova derrota, nesta caso ante o Marín. Salvo catástrofe, o Cordeiro xogará play-off. Esta xornada superaron ao Cuntis aínda facendo fronte a un tanto inicial dos visitantes. Jonatan Romay iniciou a remontada. O Vilaboa gañou 5-2 e buscará arrebatarlle a outra praza de promoción ao Unión. Sergio Coloret abriu o marcador para o equipo do Cabalo. Cómpre destacar tamén o ‘hat trick’ asinado por Félix Aguín na vitoria 5-0 do Ribadumia ante o Soutomaior.

Que son os Diferenciais?

Os Diferenciais de FutbolinGalicia son eses xogadores que anotan goles chave para os seus equipos, para levar os tres puntos, para salvar un empate in extremis… Tamén os que realizan grandes actuacións individuais. Todo iso recoñecemos nesta sección dos Diferenciais, que iremos actualizando xornada a xornada e para a que agardamos contar tamén coa colaboración dos lectores.

Cada xornada, a Primeira Futgal deléitanos con máis de medio cento de partidos. Como ter ollos en todos e cada un dos campos é imposible, agardamos a vosa participación para completar a listaxe dos Diferenciais.



Podes poñerte en contacto con FutbolinGalicia a través de X ou de Instagram.

Tamén podes acceder ás listaxes dos Diferenciais das pasadas xornadas, premendo aquí.

Os Diferenciais da Primeira Futgal co ascenso do Antela a Preferente

A Terceira galega xa ten campión… E

Os Diferenciais da Primeira Futgal co ascenso do Antela a Preferente

Jorge Guimeráns, CD Moaña: «Hai que ter

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *