En FutbolinGalicia non nos esquecemos deses equipos que fixeron unha tempada espectacular nas categorías do noso fútbol! Hoxe repasaremos a campaña 2017/2018 do Juventud Cambados, que ascendeu á Preferente Sur tras ser subcampión do grupo 5 da Primeira Galicia con 68 puntos, 75 goles a favor e 33 encaixados.
Os nomes propios do ascenso do Juventud Cambados 2017/2018
Adrián Fernández, Jason Hernández, Lucas Gallego, Andrés Rey, Dani Abal, Javi Domingo, Manu Piñeiro, Manu Costa, Fran Álvarez, Félix Sotuela, Miguel Fontán, Jorge Fontán, Jaime Trigo, Miguel Rodríguez, Ignacio Álvarez, Nico Conde, Rubén Cornes, Ander Ardanaz, José Rodríguez, Gregor Santorum, Machu Sineiro, Manu Nieto e Marcos Blanco; dirixidos dende o banco por Roberto Fuentes Montes, na primeira parte da tempada, e Eduardo Manuel Charlin Rodríguez, na segunda; conformaban o cadro de xogadores do Juventud Cambados no citado curso futbolístico.
Os killers do Cambados, Gregor Santorum e Manu Nieto, anotaron doce tantos, sendo os quintos máximos goleadores do grupo 5 da Primeira Galicia esa tempada. Machu Sineiro, con once, e Marcos Blanco, con oito, completan o top-4 anotador dos de Burgáns, que unicamente foron superados na clasificación final polos 70 puntos da SD Amanecer.
Actualidade do Cambados
A falta dunha xornada para a finalización da competición na Terceira RFEF, o Juventud Cambados xa non pode optar a salvación tras caer derrotado ante o actual líder da categoría, o Arosa, a fin de semana pasada e ver como o Silva vencía por 5-2 ao Silva na Grela. Volverá por tanto a competir na categoría á que ascenderon na campaña da que falamos neste artigo. Tocará falar doutro ascenso do Cambados a vindeira tempada? O céspede dictará sentenza! E nós estaremos alí para contalo!
Foto portada: La Voz de Galicia




































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































