# Hashtag
Os verdibrancos celebran a última vitoria ante o Noia. UD SOMOZAS

Este Somozas ten moito que dicir

O Somozas atravesa un momento excepcional na Terceira RFEF. O conxunto que dirixe Stili suma xa sete xornadas sen coñecer a derrota e encadea cinco vitorias consecutivas, a última fronte ao Noia (1-0) no Alcalde Manuel Candocia, onde non encaixou nin un só gol en toda a tempada.

Por todo isto, o equipo verdibranco está a ser unha das grandes sensacións do campionato, por non dicir o equipo revelación, un adxectivo que outorgará o paso das xornadas. Sitúase no segundo posto da táboa, a tan só un punto do liderado que ocupa o gran favorito, a SD Compostela.

A dicir verdade, o arranque de curso non presaxiaba a situación actual. O Somozas debutou cun empate sen goles ante o Cambados e sufriu unha dura derrota fronte ao Céltiga (5-0). A partir de aí, o equipo de Stili reconstruíuse desde a defensa. En nove xornadas só recibiu seis goles, o que o coloca entre os equipos menos goleados da categoría.



O calendario complícase

Non obstante, a temporada é longa e queda aínda moito por disputar como para pensar en obxectivos maiores. Nos oito partidos que restan da primeira volta, os da comarca de Ferrolterra xogarán ante equipos potentes da parte alta da clasificación, como o Arosa (xornada 11), o Estradense (x. 14) e a SD Compostela (x. 15).

Imaxe de portada: UD Somozas



Este Somozas ten moito que dicir

Bruno González, Sporting Cambre: «O esforzo de

Este Somozas ten moito que dicir

Os Diferenciais son clave no rumbo dos