A Terceira RFEF segue sumando minutos na pretempada
Só quedan tres semanas para que comece a competición e os equipos da Terceira RFEf seguen poñéndose en forma para chegar no mellor nivel á liga.
O Estradense gañou 2-0 ao Coruxo, mentres que o Villalbés tamén sumou unha vitoria tras impoñerse por 2-0 ao Silva. Pola súa parte, o Silva disputou o LVIII Trofeo de San Roque donde perdeu 2-1 ante o anfitrión, o Betanzos.
O Alondras, pola súa banda, gañou os seus dous partidos. Primeiro superou por 0-2 ao Beluso e despois impúxose por 3-0 ao Matamá no I Trofeo Amizade.
O Arteixo segue con boas sensacións
O Arteixo tamén conseguiu dúas vitorias nos últimos días. O conxunto de Ponte dos Brozos gañou 7-0 ao Club do Mar e posteriormente volveu impoñerse, esta vez por 3-0 ao CD Marte. Ademais, o club confirmou as renovacións de Fabi González e Álvaro Queijeiro.
Por outra parte, o Gran Peña gañou 2-1 ao Atios noutro dos seus amigables.
O Pontevedra B tamén tivo unha dobre cita. O filial granate impúxose por 0-4 ao Marín CF e posteriormente empatou 1-1 ante o Portonovo. Os arlequinados chegaban a este encontro despois de gañar por 5-3 ao Sigueiro.

O Viveiro leva o Trofeo Cidade
Os viveireses gañaron por 2-0 á Sarriana e proclamáronse campións deste campionato. Pola súa parte, a Sarriana tamén confirmou a renovación de dous xogadores, Freire e Redondo, de cara á próxima tempada.
O Lemos impúxose por 3-1 ao Barco no Trofeo das Festas Patronais de Monforte.
O Arenteiro disputou dous encontros nos últimos días. Primeiro gañou 2-0 ao Auriense e despois perdeu 5-1 ante o Fabril.

O Lalín venceu ante o Puebla e o Chantada por 3-0 ambos encontros. O Somozas, que incorporou esta semana a Alex González, empatou 1-1 ante o San Tirso.
Á final da Copa Deputación
Tamén se dou a coñecer o outro finalista da Copa Deputación, que disputará o torneo ante o Bergantiños. Será o Boiro tras gañar ante o Antela por 0-1.
Esta semana o Boiro tamén anunciou a renovación de Mario Prol, que afrontará a súa terceira temporada consecutiva en Barraña. Pola súa banda o Antela chegaba a este encontro tras vencer 0-2 ante o Barbadás.




























































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































































