# Hashtag

Os Vintage: Umia CF 2014/2015

En FutbolinGalicia non nos olvidamos dos xogadores, adestradores, afeccionados, directivos, árbitros, equipos e demais membros do noso fútbol que día a día aportaron o seu gran de area para que o fútbol galego sea do mellor do fútbol español. O protagonista desta nova entrega dos Vintage é o Umia CF da tempada 2014/2015, que logrou o ascenso a Primeira Autonómica.

Ascenso do Umia con tres xornadas de antelación

Na tarde do 17 de maio do 2015 o Umia conseguiu e celebrou o salto de categoría tras vencer a domicilio por 0-3 ao Mosteiro CD. Pablo Torres Bemposta, primeiro adestrador, Ángel Casal Moldes, segundo adestrador, e Rosendo González Vázquez, delegado, presenciaban dende o banco como os seus xogadores facían posible que o club de fútbol máis antigo do Salnés, fundado no 1924, volvese a Primeira Autonómica. A aliñación dese día era a seguinte: Juan José Silva, Rubén García, Diego Estonllo, Jorge Quintana, Julián Santos, José Manuel Castro, Dani Núñez, José Manuel Rubio, José Manuel Blanco, Daniel Abal e Jesús Pintos. Dende o banco saíron e contaron por tanto con minutos sobre o céspede nunha tarde para a historia do Umia os futbolistas Joseph Steven Berrocal, Jorge Padín, Camilo José Rodiño, Jesús Alberto Carril e Jorge Gómez. Os tantos de José Manuel Castro, por partida dobre, e de Jesús Alberto Carril levaron a loucura a unha afección visitante que co pitido final do colexiado Juan Antonio Martínez comezou a celebrar o éxito cos seus xogadores. E o premio aínda podía ser maior! Os nosos protagonistas eran segundos a tres puntos do Amanecer, líder, e co golaverage particular a favor.

A tempada rematou coa consecución do campionato de liga

O Umia conquistou o título de liga obtendo 79 puntos tras 24 vitorias, 7 empates e 3 derrotas durante os meses de setembro e xuño. Foi o equipo máis goleador do seu grupo, tocando o balón a rede da portaría rival ata en 87 ocasións, e o terceiro menos goleado, concedendo 39 tantos e sendo unicamente superados polo Amanecer e polo San Martín, equipos que tamén lograron o ascenso. Nas súas filas contaba con José Manuel Castro, autor de 34 goles e pichichi da competición. Jesús Alberto Carril, con 9 tantos, foi outra das principais armas ofensivas do equipo da Bouza, Barrantes.



Os Vintage: Umia CF 2014/2015

Os Vintage: Umia CF 2014/2015