# Hashtag

Os Vintage: Portonovo SD 2018/2019

En FutbolinGalicia non nos esquecemos deses equipos que fixeron unha tempada espectacular nas categorías do noso fútbol! Hoxe repasaremos a campaña 2018/2019 do Portonovo SD, que ascendeu a Preferente tras ser o mellor equipo do grupo 5 da Primeira Galicia.

Os nomes do ascenso

Alejandro Lino, Bernardo Fernández, José Manuel Agis, Juan José Aguin, Pablo González, Francisco Álvarez, Alberto Rodríguez, Diego Cantero, Carlos Beis, Manu Dosantos, Pablo Fabeiro, Yago Fernández, Abraham Rodríguez, Adrián Dios, Alexander Pena, David Bugallo, Eloi Ochoa, Luis Silva, Miguel Rodríguez, Roberto José Vázquez, Pablo González, Alejandro Casal, Carlos Martínez, Diego Bouzas, Franco Bentancor, Iván Padín, Juan Jóse Rial, David Pereira, Ramón Martínez, Roberto César Millán, Diego Martín e Khadim Lo Mbacké conformaban o cadro de xogadores do Portonovo durante a citada tempada 2018/2019. José Manuel Vecoña era o primeiro adestrador, Rubén Gómez o segundo, José Manuel Alfonso exercía de delegado e Raúl Bañón de preparador físico.

O conxunto de Baltar sumou 69 puntos, anotando 58 goles e recibindo unicamente 24, cimentando o ascenso nunha sólida defensa. Carlos Martínez, con 17 tantos, foi o máximo goleador dun Portonovo que chegou á última xornada xogándose o título de campión ante o Pontevedra B. O partido celebrouse en Pasarón, con vitoria visitante (0-2) e tantos de Iván Dadín e Carlos Martínez.



Actualidade do Portonovo

O pasado domingo o Portonovo vencía na Pinguela ao Club Lemos por 0-1 no partido de ida do play-off de ascenso a Terceira RFEF. Este domingo, dende as 19:00 horas, A Moreira acollerá o encontro de volta desexando que o seu equipo retorne a unha categoría que non pisa dende o curso futbolístico 2010/2011.

Foto portada: José Luiz Oubiña



Os Vintage: Portonovo SD 2018/2019

Aos Diferenciais só lles resta un último

Os Vintage: Portonovo SD 2018/2019

Os Vintage: Portonovo SD 2018/2019